Desde esta bitácora pretendemos compartir algunhas das actividades que realizamos ou trataremos de realizar . Ademais intenta ser unha ferramenta de axuda para todos aqueles alumnos/as, pais/nais e profesores/as que desexen acceder a temas de información ( libros ,revistas , enlaces , recursos dixitais ,software educativo ...) sobre o traballo que desenvolvemos

miércoles, 30 de septiembre de 2015

DE CIENCIAS NATURAIS



     FUNGOS  E  BACTERIAS   BOAS  PARA OS SERES  HUMANOS .

            por   PABLO OTÓN CARIDAD

Un fungo : a penicilina

Todo comezou cando o doctor Fleming , un médico inglés, descubriu por accidente que había un fungo ( penicillium) capaz de matar a algunhas bacterias. Tiña unhas placas de cultivo descuidadas e contaminadas de mofo, e arredor das zonas de crecemento do fungo observou que non había bacterias. Intrigado, comezou a estudar aquel fenómeno e descubriu que as bacterias das infeccións morrían en contacto co fungo . Estabamos ante o primeiro antibiótico.

Gracias ao seu traballo e a outros colegas cientificos seus ,agora os antibióticos son unha parte esencial dos tratamentos médicos.
Utilízanse para curar enfermidades causadas por bacterias e para prevelas en operacións e trasplantes.
Trátase dun fungo que ao contrario que outros é bo para a saúde e as feridas . Antes de descubrirse , as persoas podían morrer a partir dunha simple ferida nunha caída .





   Uso de bacterias para limpar mareas negras

 As autoridades de Texas (EE UU) arroxaron  50 quilos de bacterias devoradoras de petróleo sobre unha parte da marea negra causada polo petroleiro noruegués Mega Borg, accidentado o pasado 9 de xuño fronte as costas de Texas. É a primeira vez que estes microorganismos son empregados no mar. As bacterias, que non poden ser empregadas en grandes zonas, transforman as moléculas de petróleo nunha emulsión de ácidos e despois morren cando xa non encontran mais comida por inxerir. 

Fontes de información : Wikipedia e EL PAÍS

No hay comentarios:

Publicar un comentario