FUNGOS E
BACTERIAS BOAS PARA OS SERES
HUMANOS .
por PABLO OTÓN CARIDAD
Un
fungo : a penicilina
Todo
comezou cando o doctor Fleming , un médico inglés, descubriu por
accidente que había un fungo ( penicillium) capaz de matar a
algunhas bacterias. Tiña unhas placas de cultivo descuidadas e
contaminadas de mofo, e arredor das zonas de crecemento do fungo
observou que non había bacterias. Intrigado, comezou a estudar
aquel fenómeno e descubriu que as bacterias das infeccións
morrían en contacto co fungo . Estabamos ante o primeiro
antibiótico.
Gracias ao
seu traballo e a outros colegas cientificos seus ,agora os
antibióticos son unha parte esencial dos tratamentos médicos.
Utilízanse
para curar enfermidades causadas por bacterias e para prevelas en
operacións e trasplantes.
Trátase
dun fungo que ao contrario que outros é bo para a saúde e as
feridas . Antes de descubrirse , as persoas podían morrer a partir
dunha simple ferida nunha caída .
Uso de bacterias para limpar mareas negras
As autoridades de Texas (EE UU) arroxaron 50 quilos de bacterias devoradoras de petróleo sobre unha parte da marea negra causada polo petroleiro noruegués Mega Borg, accidentado o pasado 9 de xuño fronte as costas de Texas. É a primeira vez que estes microorganismos son empregados no mar. As bacterias, que non poden ser empregadas en grandes zonas, transforman as moléculas de petróleo nunha emulsión de ácidos e despois morren cando xa non encontran mais comida por inxerir.
Fontes de información : Wikipedia e EL PAÍS
No hay comentarios:
Publicar un comentario