Estrelas e constelacións.
por IVÁN ÁLVAREZ BRAÑA
Este verán fun ao
cámping O Telleiro en Sada ( A Coruña ) onde estiven cos meus
amigos e polas noites íamos a un camiño ou á praia onde
víamos estrelas e constelacións . As que sempre recoñezo son a
Estrela Polar, a Osa Maior e a Osa Menor .
Estrela Polar.
Denomínase Estrela Polar á estrela visible a simple vista que se ubica
na bóveda celeste de maneira máis próxima ao eixe de rotación da
Terra no polo celeste; aínda que por convención, co térmo de
Estrela Polar faise referencia á estrela máis próxima ao Polo
Norte. De modo que permanece case fixa no ceo e sinala o Polo Norte
xeográfico, polo que foi empregada polos navegantes como punto de
referencia nas súas travesías oceánicas .
Osa Maior.
A Osa
Maior ou Ursa Maior [abreviado UMa], tamén coñecida como
Carro Maior , é unha constelación visible durante todo o ano no
hemisferio norte ( o noso) . Entre os aficionados se lle coñece co
nome de “O carro”, pola forma que debuxan as súas sete estrelas
principais.
Osa Menor.
A Osa Menor é unha das constelacións máis coñecidas do hemisferio
norte. Consta de sete estrelas coa forma de carro; catro delas
formarían o que é a parte fonda do carro e as outras tres serían o
que é o mango do carro.
O
elemento máis coñecido da Osa Menor é a Estrela Polar.
Dada a súa
ubicacion , a Osa menor só se pode ver no hemisferio norte durante
todo o ano. Xunto coa súa compañeira a Osa Maior, é un dos
elementos máis característicos do firmamento deste hemisferio .
Estrelas
fugaces.
As
estrelas fugaces son meteoros , concepto que fai referencia ao
fenómeno luminoso que se produce cando un obxecto atravesa a nosa
atmosfera. Estrela fugaz é un termino impropio xa que non se
trata propiamente de estrelas.
Fonte de información : Wikipedia
No hay comentarios:
Publicar un comentario