A Vella Bitácora pódese definir como un caderno de traballo dixital educativo ou un diario de aula construído a partir de diferentes actividades : lecturas compartidas, visitas de autores de libros lidos, obradoiros de tecnoloxía ou cinema, exercicios de matemáticas en gran parte deseñados polos alumnos , experimentos , videoconferencias , reciclaxe con cartóns ou plásticos creando materiais didácticos , exposicións de traballos literarios ,de ciencias ou plástica , creacións de obxectos didácticos en base a circuitos eléctricos (mapas de xeografía , pulsómetros, volúmenes matemáticos) , saídas á natureza , visitas culturais e a eventos de ciencias , actividades musicais( RAP, tambores, cancións ...) , proxectos educativos ETWINNING sobre matemáticas e Ciencias Naturais con recoñecemento e galardón internacional ,exhibicións de como manexar unha buxaina con destreza no patio do colexio por parte dos nosos alumnos ...
Todas estas actividades están vencelladas ás aulas do CEIP Cidade Vella durante os cursos que abranguen o período que vai dende o 2012 ao 2024 no que tiven o privilexio de traballar aí
de mestre .
Aquí tamén compartimos ligazóns a actividades formativas de diferentes areas curriculares .
En definitiva trátase dun blog para ollar , lembrar , reflexionar e , se cadra, tomar nota e apuntar algunha idea para levar a cabo na práctica docente
Aquí tamén compartimos ligazóns a actividades formativas de diferentes areas curriculares .
En definitiva trátase dun blog para ollar , lembrar , reflexionar e , se cadra, tomar nota e apuntar algunha idea para levar a cabo na práctica docente
Un cordial saúdo para todos os que vos acheguedes a este blog. Échevos moi interesante .
Carlos
Carlos