DINOSAUROS
Por Águeda González Eibe
1.VISITA AO MUXA.
A miña familia
máis eu fomos ao MUXA, o Museo Xurásico de Asturias. Vimos moitas cousas como fósiles de T-Rex, crocodilos prehistóricos e pegadas
de dinosauros. Tamén vimos ao que equivalía un T- Rex, equivalía a 20 elefantes
adultos. Tamén vimos que un dinosauro podía medir 20 metros de longo. Os
velociraptores eran tan rápidos polas súas pernas longas e musculadas. Vimos moitos cranios pero aínda que este non
fora de dinosauro tamén vimos un cranio de
humano prehistórico. É moito máis grande que o noso. Logo fomos á praia onde
nos dixeran que había pegadas de dinosauros. Había de Estegosaurio, de T-Rex...
Encantoume esa viaxe á praia, chámase A Grega. É unha praia moi bonita e con
moitas pegadas.
2. MÁIS INFORMACIÓN SOBRE OS DINOSAUROS
Os dinosauros son animais que viviron
na era do Triásico cunha antigüidade de
entre 251 e 199 millóns de anos , no Xurásico , entre 199 e 145 millóns de anos
de antigüidade e no Cretácico , entre 145 e 65 millóns de anos de antigüidade . Hai tres tipos de alimentos para os dinosauros: os herbívoros comen herba, por exemplo o Tríceraptops; os carnívoros comen carne,
por exemplo o Spinosaurio e os últimos, os omnívoros, que comen de todo por
exemplo o Ornithomimus
3. UN DATO MÁIS
O T- Rex non era o animal máis feroz ,
era o Spinosaurio
porque era máis grande , máis forte e máis carnívoro.