por IVÁN ÁLVAREZ BRAÑA
Eratóstenes naceu en Cyrene (Libia , daquela pertencía a Grecia ) no ano 276 A.C. Foi astrónomo, historiador, xeógrafo, filósofo, poeta, crítico teatral e matemático.
Como
matemático elaborou un método para averiguar os números primos
entre o 1 e o 100, a denominada CRIBA DE Eratóstenes.
Partindo da idea de que a
Terra ten forma esférica
(algo do que se dubidou en séculos posteriores) e que o SOL
encóntrase tan afastado dela que se poda considerar que os
raios solares chegan á Terra
paralelos. Realizou observacións en dous cidades de Exipto: SIENE
e ALEXANDRÍA.
Como o deduciu?
1.- SIENE
e ALEXANDRÍA encóntrase no
mesmo meridiano.
2.- A distancia entre
ambas cidades é de 5.000 estadios.(uns 790 Km.)
3.- Os raios provenientes
do Sol chegan á Terra
paralelos, o que equivale a poñer ao Sol a unha distancia
practicamente infinita da Terra.
4.-As liñas que cortan as
rectas paralelas forman ángulos opostos iguais.
5.-Os arcos de círculo
relativos a ángulos iguais son semellantes.
6.-Sabendo que o ángulo
de inclinación do Sol, que
resultou ser 7,2º; é dicir é 360º/50º. Deduciu que os 790 KM
de distancia entre SIENA e
ALEXANDRÍA eran 1/50 parte
da circunferencia e que polo tanto esta sería de uns 40.000 KM
aproximadamente.
7.-E de aí coa fórmula:
R=40.000/2Pi deduciu que o
radio da Terra media
6.366,19 Km. As actuais medicións sobre o radio da Terra
dan o valor de 6.366 Km.
Aproveitándonos da criba que o grego Erastóstenes nos deu hai uns 2260 anos ( desde aquela xa choveu moito ) Iván nos presenta algún problema máis actual.
PROBLEMA
O irmán de
Xulia ten 74 cartas, Xulia ten a metade.
O número de
cartas de Xulia é un número primo menor de 75 e maior de 27.
Podemos
afirmar que 74 é múltiplo do número de cartas de Xulia?
O resultado de
dividir 74 entre as cartas de Xulia é un número primo?
O resultado de
sumar 74 máis o número de cartas de Xulia é un número primo?