INICIO   Do 2012 ao 2018    Do 2018 ao 2024    A CIDADE VELLA    *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH***   MAQUETAS E RECICLAXE   ★ CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS ★   ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★
Mostrando entradas con la etiqueta Castelo de ´San Antón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Castelo de ´San Antón. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de marzo de 2014

SAÍDA POLA CIDADE VELLA : MURALLAS E CASTELO DE SAN ANTÓN



     O día 13 de marzo fixemos unha saída cara as antigas murallas da Coruña. Alí explicáronnos diferentes aspectos das vellas portas que están naquel muro de pedra.

PORTA DO PARROTE
Esta porta foi unha das últimas portas da fortificación da cidade. A súa construción e de 1676. Foi construída sendo rei Carlos II. É a porta mellor conservada e nela podemos ver tres escudos. O do medio e o escudo real e os dos lados son o escudo do Conde de Aranda, o Capitán Xeneral de Galicia.
PORTA DO CRAVO
Esta porta debeu ser moi parecida a do Parrote, só que non chegou os nosos días a parte de arriba onde debían estar os escudos.
CASTELO DE SAN ANTÓN
Inicialmente foi un lazareto é dicir un hospital onde se atopaba xente con enfermidades contaxiosas como a lepra. Máis tarde foi unha fortaleza capaz de defender a cidade dos numerosos ataques que sufriu durante anos.

Posteriormente converteuse nunha prisión. Un dos presos máis celebres que tivo foi Gómez Catoira, quen era o fareiro da Torre de Hércules. Ao parecer dedicábase  a comerciar e facer cartos   co aceite que a el  lle daban para manter a  luz do faro.

Como só se chegaba alí por mar nunha pequena barca ou bote, a persoa que levaba o bote, o boteiro, tiña alí a súa casa.

 O castelo hoxe é un museo arqueolóxico. 

        Elena , Lúa , Carmen Fernández e Carmen  Álvarez











PORTA DE SAN MIGUEL 

  Foi construída en 1595 polo  Capitán Xeneral Diego das Mariñas.Ten tres escudos  entre os que destaca o central co colar exterior da Orde de Toisón de Ouro,un dos atributos da realeza Española .Desemboca  nun pequeno embarcadoiro do que partía a barca que comunicaba o Castelo de  San Antón.

 XARDÍN DE SAN CARLOS

  Primeiro foi unha fortaleza medieval que protexía a cidade, anos mais tarde converteuse  nun polvorin ata que no século XVII estoupou  , e  onde morreron 200 persoas. Posteriormente foi un lugar onde somente  había  cascallos . Despois foi o lugar  escollido para enterrar a Sir John Moore (Xeneral británico que participou na batalla de Elviña) . Hai unha lenda  que di que  a partir daquel momento converteuse nun xardín cunha pantasma  e así  cada 16 de Xaneiro ten  lugar o reencontro de Lady Sthanhope e Sir John Moore. Lady Sthanhope volve da súa tumba para deixarlle flores a Sir Jhon More.
  Os monitores  da ruta   retáronnos a estar aquel dia alí pola noite,a algúns de nós pareceulles unha boa  e divertida   idea  ,  e  ver se existía a  pantasma e a lenda era real. A  outros pareceulle que non era tan  boa  idea  e que terían medo .


                   Fernando, Andrés , Mateo , Antía e Paula






 


Nesta  fotografía obsérvase como as pedras máis novas foron o recambio das antigas pedras que se perderon na explosión do polvorín de San Carlos. As antigas vense que son máis pequenas ,  non tan cuadrangulares.
                                                                                                                                                                         Mateo 







ETIQUETAS DAS ENTRADAS .
alxibe (1) apalpador (2) Apolo 13 (1) arqueoloxía (2) astronomía (13) atletismo (1) auga (2) bacterias (2) baloncesto (4) balonmán (2) barómetro (1) biblioteca (7) biblioteca de Monte Alto (1) bodyboard (2) borrasca (1) boxeo (1) Brasil (1) buceo (2) buracos negros (1) buxaina (1) cálculo de superficies en inglés (1) cambio climático (1) cambios de estado (1) campionato de xadrez (1) Canarias (1) canción (1) canoas (1) cans (1) Carlos Casares (1) cartas (1) cartel de outono (1) Castelo de ´San Antón (1) castro (1) celebración (10) Chantada (1) ciclo da auga (1) Cidade Vella (17) ciencias (55) cine (6) circuitos eléctricos (4) clima (5) climogramas (1) coches eléctricos (1) comentamos libros (6) comentamos películas (7) Concello (3) Concello de A Coruña (4) concerto (4) condensación (1) conmemoración (15) constelacións (1) contadores de chistes (1) contaminación (4) COVID 19 (1) criba de Eratóstenes (1) cristais (1) culturas (2) damas (1) danza (2) debuxos (6) densidade (2) deportes (6) dereitos humanos (3) Día da Paz (5) Día do Libro (3) Digital Maths Notebook (2) diversidade cultural (8) eclipse (2) ecoloxía (12) ecosistema acuático (2) electroimán (1) Elviña (1) Emilia Pardo Bazán (1) encoro de Cecebre (1) entroido (14) escalada (3) escáncer (1) escritores/as (6) Estación espacial (1) estrelas fugaces (2) Etiopía (1) etwinning (3) excursión (19) experimento (11) facemos cinema (2) Fairy oak (1) festa (1) festa de despedida (1) fin de curso (2) flotabilidade (1) fontes de enerxía (1) Francisco Fernández del Riego (1) frauta traveseira (1) fungos (2) fútbol (4) Gandhi (1) gas (1) gatos (1) geogebra (1) historia (9) hobbys (4) hubble (1) incendio (2) inglés (1) instrumentos musicales (5) iogur (1) ISS (1) judo (3) kárate (1) kiosko (1) La isla del tesoro (1) larpeiradas (7) lectura (24) lenda (3) libraría (1) Luis Seoane (1) magosto (1) manualidades (11) Manuel María (1) maqueta (4) marea negra (1) María Pita (2) Marrocos (3) Marte (1) mascotas (1) matemáticas (41) matemáticas en inglés (1) maxia (1) medidas de lonxitude (1) mergullo (2) meteoroloxía (7) minerais (2) mitoloxía (1) mofos (1) monicreques (2) montaña (2) motor eléctrico (1) música (13) natación (2) natureza (7) números primos (1) obradoiro (7) ordenadores (1) outono (2) Oza dos ríos (1) pacifismo (3) pádel (1) pancartas (1) pandemia (2) papiroflexia (4) pardal (1) parque de Bens (1) Parque de Oza (1) patinaxe (2) paxaros (1) peixes (1) películas (8) penicilina (1) percusión (1) periquitos (1) perseidas (2) petroleo (2) pi (1) pinchacarneiro (1) Pinocho (1) piragüismo. (1) pirámide (1) planetas (1) plantas (5) pluviómetro (1) Poesía (8) poleas (1) policía (1) poliedros (2) poliedros en inglés (1) portas das murallas (1) Postal dixital (2) Praza de Azcárraga (1) precipitacións (3) prehistoria (1) prensa (1) presión atmosférica (1) problemas de matemáticas (27) problemas de matemáticas en inglés (1) Proxecto de ciencias en inglés (1) pulmóns (1) pulsómetro (2) rap (1) ras (3) reciclaxe (14) redacción (9) redes sociais (1) reloxo de sol (1) respiración (1) revista dixital (6) Ría do Burgo (1) río Mandeo (1) robots industriais (1) rocódromo (2) Romanía (1) Rosalía de Castro (1) rúas (1) scouts (1) seguridade en internet (2) Sir John Moore (1) solidariedade (1) Stephen Hawking (1) surf (2) taboleiro de xadrez (1) taboleiro de damas (1) tambores (1) tangram (1) teatro (13) tecnoloxía (23) telescopio espacial (1) temperaturas (1) tempo atmosférico (4) temporal (4) termómetro (1) termómetro construido na escola (1) The weather that we watch (1) Titanic (1) Torre de Hércules (4) transmisión de son (1) trens (1) urco (1) vacas (1) valores cívicos (8) vaporización (1) Victor y el monstruo (1) vídeo musical (1) videoconferencia (2) violín (1) viravolta (1) volcán (1) voleibol (1) xabaril (1) xadrez (2) xeo (1) xeografía (5) xeometría dixital (1) xerminación (1) ximnasia rítmica (1) xogos (4) xogos tradicionais (1) xordos (1)