Colaboración. Artigo de información sobre a natureza
A MONTAÑA
DE OZA DOS RÍOS
O
Concello de Oza dos Ríos, ocupa unha
estreita franxa de terreo de 71,9, ó sur de Betanzos, entre os ríos
Mendo e Mandeo. Limita ó norte con Betanzos e Coiros o leste faino
con Aranga;o sur, con Curtis e Cesuras; e o oeste con Abegondo.
O
Concello divídese en 12 parroquias.
No
termo do Concello de Oza dos Ríos distínguese claramente dúas
zonas. A mais setentrional pode encadrase dentro da comarca de Ás
Mariñas. Cara ao sur, a paisaxe cambia e diminúe a poboación, con
terras de montaña que superan os 500m.de altitude en varios puntos
(Pena Moura, 554m.,Cruce da Queimada, 526m.,Brueiro,527m.)
O
relevo é moi accidentado, pois os dous ríos citados surcan profundos
vales.
O
clima é de tipo atlántico húmido,sendo a temperatura media anual de
12ºC a precipitación de 850 a 1 .750mm/ano.
Mais
o clima varía notablemente segundo nos desprazamos hacia o sur, onde
se poden apreciar as características do clima continental
xa
que a altura pode acadar os 554m de Pena Moura ou os 526 da Queimada.
FAUNA
Os
animais que se poden atopar na montaña de Oza son as típicas
desta zona, tales como o corzo, o xabaril, o lobo, o raposo, a
perdiz, o paspallás, o faisán; réptiles coma a salamandra;
anfibios coma a rá; aves rapaces como o cernícalo, aves como o
paxaro carpinteiro e o cuco; o ourizo e o rato de campo.
Cernícalo
Cernícalo