INICIO   Do 2012 ao 2018    Do 2018 ao 2024    A CIDADE VELLA    *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH***   MAQUETAS E RECICLAXE   ★ CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS ★   ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★
Mostrando entradas con la etiqueta alxibe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta alxibe. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de abril de 2023

Unha ollada aos devanceiros : visitamos o Castro de Elviña

 

 O venres  , 14 de abril, fixemos unha saída escolar para ver o Castro de Elviña xunto co grupo de compañeiros de sexto   e como punto de arranque para as leccións de historia que van vir no 3º trimestre

Alí, entre pedras e monte que sempre lle presta ao grupo , disfrutando dun día  sen choiva e  aturando co vento do nordés , fomos guiados pola monitora para ver e entender o castro.


      Escoitamos

           e 

               observamos  

                    moitas cousas...



 

AMANDA

En primeiro lugar pareceume moi interesante, aprendimos moito sobre os castrexos e como vivían. Eran pobos pequenos con casas ovaladas, tamén había un  alxibe  no poboado  Tamén  vimos a ferrería, amosáronnos bastantes exemplos de casas ,   ata o tesouro da vila! Aínda que o tesouro era unha imaxe nun papel   pero dixéronnos onde podíamos ir velo real (no museo arqueolóxico).O alxibe  ten 12m de longo e 6m de fondo  e só se descubriu o 5% de toda a aldea.

 


LOLA

Sorprendeume moito como vivían os nosos antepasados, os castrexos. Tamén vimos un especie de pozo ou piscina que se chama o alxibe

que tiña unha historia sobre un neno que estaba coa súa vaca e caeuse ao pozo e así os veciños desa zona  decidiron poñer un muro alí.

Tamén nos ensinaron uns obxectos feitos de arxila e uns moldes, pero eran unha replica ,  os reais estaban no castelo de San Antón.

JORGE

No castro de Elviña vimos unhas fermosas vistas e construcións (da Idade dos metais).

Algo me chamou a atención é que todo estivese bastante conservado.

O lugar era moi bonito e con moita herba e plantas (moi preciosas) e tamén de camiño vimos (os meus compañeiros e eu) vacas, ovellas e cabalos.

O castro de Elviña se encontra no noroeste da península ibérica. No castro de Elviña había unha especie de “piscina” chamado o Alxibe.

No ano 1962 foi declarado Ben de Interese Cultural.

 


NAIA

No castro de Elviña vimos onde vivían os galaicos, as súas casas, o seu método de facer ferramentas, as súas estruturas...

E o que máis me gustou da visita foi o alxibe,  mide seis metros de fondo e cando se enche é alucinante. Tamén me gustou como a monitora nos explicaba, era todo moi detallado para que nós o entenderamos.




MARTÍN

Vimos todo o castro  e a monitora   explicounos como saber se un poboado  era romano ou castrexo.

Chamoume a atención o alxibe e os seus seis ou oito metros de altura dende as escaleiras.

Dende a croa do castro  víase toda A Coruña, era fermoso .


CAROL

Vimos  "ollos turcos" ( boliñas de cor azul feitas con cristais ) que  eles , os castrexos, as intercambiaban por  colares de ouro e cando era unha mala oferta  neses trocos pensaban que  aparecía coma un eclipse.

Tamén había uns colares chamados torques  que  se poñían os castrexos  e que  lle metían metais e facían ruído coma se foran persoas e cando ían á guerra os contrarios despistábanse e pensaban que eran moitos mais castrexos dos que eran pero cando un do contrario roubaba un deses colares se o poñía entón  os castrexos pensaban que era o seu compañeiro.

 

PABLO  GONZÁLEZ  

 

Na visita ao castro de Elviña aprendín moitas cousas: como onde vivían, diferentes sitios etc. Tamén vimos un alxibe que era coma un tipo de piscina, as ferrerías e as súas casas.

O que máis me chamou a atención foi como se conservou todo.

Era todo bastante bonito, e había un montón de plantas e insectos.

PABLO RODRÍGUEZ

1. Vimos como vivían hai moito tempo.

2. Chamoume a atención porque vivían pouco ,aos 40 anos eras xa vello e   cando tiñas 10 anos  cumpridos  xa  remataches de formarte para facer cousas  na vida.3. O lugar era moi vello e as casas e as construcións estaban  feitas en pedra.



VALERIA

Vimos as vivendas dos castrexos , que son os nosos antepasados. Dese lugar chamoume a atención a cantidade de portas que había aínda que non estaban fisicamente pero nos explicaron onde  as había e como se recoñecía o sitio .

É un lugar cunhas casas redondas de pedra sen teito xa que pasou moito tempo dende que as fixeron e os tellados  xa foron desaparecendo .

As casas son redondas xa que os castrexos sempre as facían así , en cambio os romanos cadradas. Tiñan un “sistema de desaugues " que  os facían cun buraco na pedra e logo ía por un canal  por todas as casas. Eles  esperaban a que chovera e xa estaba.



CARMEN

Estivemos no Castro de Elviña e estivemos vendo todas as construcións. Primeiro estivemos vendo como vivían e con que materiais ían para as guerras e uns colares de ferro que servían para que os rivais pensaran que había máis xente da que había realmente  . Tamén nos ensinaron como un tipo de piscinas que se chamaban alxibes e servían para coller auga.

 

 DEBI

Vimos castros antigos e réplicas de cousas dos romanos e dos castrexos.

Chamoume a atención o alxibe e o ollo turco ( boliñas de cor azul , feitas con cristais) .

Tiña moitas cousas antigas, tiña vistas a toda a Coruña e era moi bonito . Ademais estaba moi ben conservado.

PAULA

Pois vimos como vivían os castrexos nos castros, e me chamou moito a atención o alxibe que era como una piscina moi profunda. O lugar era no campo e con moitos círculos de pedras desfeitas.



 HUGO


 Como vivian  os nosos antepasados  e como

 conseguian ter algo de

 riqueza

 As estructuras das casas  eran o circulares ou

 rectangulares, había ferrerias .

  O Castro de Elviña é un poboado fortificado

 característico da cultura castreña do noroeste da

 península ibérica.


IZAN


Eu e a miña clase visitamos o castro de Elviña. Foi

 unha excursión e había moitos muros das casas e

 algunhas pizarras para marcar ata onde chegara o

 escavado. Había unha especie de poza que se

 utilizaba para recoller auga.


  ALMA

    Gustoume moito a visita ao castro de Elviña,

 aprendimos moitas cousas sobre os nosos

 antepasados.

   A monitora ensinounos mostras dos restos que

 deixaron os castrexos, como vivían e como

 traballaban.

O pasei moi ben.

 XIAN

 

 No castro de Elviña vimos  algunha casa,ferrerías,  a casa do tesouro...

 O que máis me chamou a atención foi unha especie de  pozo ( o alxibe )  e a casa do tesouro.

 Era un lugar de térreno irregular para facilitarlle aos carros,que puideran andar sen esvarar xa que era en pendente e  estaba ``medio destruido´´ .

 Lle fixen unha pregunta moi exacta á monitora  de canto medía o alxibe de profundidade. 


 Algúns alumnos/as fixeron recreacións dixitalizadas co Tuxpaint do que vimos na visita 


 Valeria , Martín , Pablo G. e Hugo foron os artistas . 

 

  



ETIQUETAS DAS ENTRADAS .
alxibe (1) apalpador (2) Apolo 13 (1) arqueoloxía (2) astronomía (13) atletismo (1) auga (2) bacterias (2) baloncesto (4) balonmán (2) barómetro (1) biblioteca (7) biblioteca de Monte Alto (1) bodyboard (2) borrasca (1) boxeo (1) Brasil (1) buceo (2) buracos negros (1) buxaina (1) cálculo de superficies en inglés (1) cambio climático (1) cambios de estado (1) Canarias (1) canción (1) canoas (1) cans (1) Carlos Casares (1) cartas (1) cartel de outono (1) Castelo de ´San Antón (1) castro (1) celebración (10) Chantada (1) ciclo da auga (1) Cidade Vella (17) ciencias (55) cine (6) circuitos eléctricos (4) clima (5) climogramas (1) coches eléctricos (1) comentamos libros (6) comentamos películas (7) Concello (3) Concello de A Coruña (4) concerto (4) condensación (1) conmemoración (15) constelacións (1) contadores de chistes (1) contaminación (4) COVID 19 (1) criba de Eratóstenes (1) cristais (1) culturas (2) damas (1) danza (2) debuxos (6) densidade (2) deportes (6) dereitos humanos (3) Día da Paz (5) Día do Libro (3) Digital Maths Notebook (2) diversidade cultural (8) eclipse (2) ecoloxía (12) ecosistema acuático (2) electroimán (1) Elviña (1) Emilia Pardo Bazán (1) encoro de Cecebre (1) entroido (14) escalada (3) escáncer (1) escritores/as (6) Estación espacial (1) estrelas fugaces (2) Etiopía (1) etwinning (3) excursión (19) experimento (11) facemos cinema (2) Fairy oak (1) festa (1) festa de despedida (1) fin de curso (2) flotabilidade (1) fontes de enerxía (1) Francisco Fernández del Riego (1) frauta traveseira (1) fungos (2) fútbol (4) Gandhi (1) gas (1) gatos (1) geogebra (1) historia (9) hobbys (4) hubble (1) incendio (2) inglés (1) instrumentos musicales (5) iogur (1) ISS (1) judo (3) kárate (1) kiosko (1) La isla del tesoro (1) larpeiradas (7) lectura (24) lenda (3) libraría (1) Luis Seoane (1) magosto (1) manualidades (11) Manuel María (1) maqueta (4) marea negra (1) María Pita (2) Marrocos (3) Marte (1) mascotas (1) matemáticas (41) matemáticas en inglés (1) maxia (1) medidas de lonxitude (1) mergullo (2) meteoroloxía (7) minerais (2) mitoloxía (1) mofos (1) monicreques (2) montaña (2) motor eléctrico (1) música (13) natación (2) natureza (7) números primos (1) obradoiro (7) ordenadores (1) outono (2) Oza dos ríos (1) pacifismo (3) pádel (1) pancartas (1) pandemia (2) papiroflexia (4) pardal (1) parque de Bens (1) Parque de Oza (1) patinaxe (2) paxaros (1) peixes (1) películas (8) penicilina (1) percusión (1) periquitos (1) perseidas (2) petroleo (2) pi (1) pinchacarneiro (1) Pinocho (1) piragüismo. (1) pirámide (1) planetas (1) plantas (5) pluviómetro (1) Poesía (8) poleas (1) policía (1) poliedros (2) poliedros en inglés (1) portas das murallas (1) Postal dixital (2) Praza de Azcárraga (1) precipitacións (3) prehistoria (1) prensa (1) presión atmosférica (1) problemas de matemáticas (27) problemas de matemáticas en inglés (1) Proxecto de ciencias en inglés (1) pulmóns (1) pulsómetro (2) rap (1) ras (3) reciclaxe (14) redacción (9) redes sociais (1) reloxo de sol (1) respiración (1) revista dixital (6) Ría do Burgo (1) río Mandeo (1) robots industriais (1) rocódromo (2) Romanía (1) Rosalía de Castro (1) rúas (1) scouts (1) seguridade en internet (2) Sir John Moore (1) solidariedade (1) Stephen Hawking (1) surf (2) taboleiro de xadrez (1) taboleiro de damas (1) tambores (1) tangram (1) teatro (13) tecnoloxía (23) telescopio espacial (1) temperaturas (1) tempo atmosférico (4) temporal (4) termómetro (1) termómetro construido na escola (1) The weather that we watch (1) Titanic (1) Torre de Hércules (4) transmisión de son (1) trens (1) urco (1) vacas (1) valores cívicos (8) vaporización (1) Victor y el monstruo (1) vídeo musical (1) videoconferencia (2) violín (1) viravolta (1) volcán (1) voleibol (1) xabaril (1) xadrez (2) xeo (1) xeografía (5) xeometría dixital (1) xerminación (1) ximnasia rítmica (1) xogos (4) xogos tradicionais (1) xordos (1)