Proxecto de ciencias en inglés
Proxecto eTwinning : The weather that we watch
GRÁFICOS DIXITAIS
Baseándonos nos datos recollidos no termómetro de máximas e mínimas e no higrómetro - barómetro que temos no colexio , así como nunha páxina web especializada , fixemos estes gráficos .
A recollida de datos é feita sempre entre as 11.45 e as 12.05. Faga frío , calor, chovendo (complicado), nevando (aínda máis complicado ) ou lostregando , todos os días medimos temperaturas ( máxima, mínima e puntual ás 12.05) , presión atmosférica , humidade , velocidade e dirección do vento.
Anotamos nun cuadrante semanal e posteriormente etiquetamos un gran panel localizado na planta baixa do colexio. Tamén comprobamos e contrastamos o que os nosos compañeiros de escolas francesas , polacas , turcas e ucranianas fan neste aspecto.
Con motivo desta actividade algúns alumnos teñen plantexado problemas de matemáticas aos seus compañeiros relacionados con parámetros e medicións climáticas.

GRÁFICOS DO TEMPO ELABORADOS CON CARTÓNS RECICLADOS .