INICIO   Do 2012 ao 2018    Do 2018 ao 2024    A CIDADE VELLA    *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH***   MAQUETAS E RECICLAXE   ★ CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS ★   ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★
Mostrando entradas con la etiqueta noticias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta noticias. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de abril de 2021

UN INCENDIO INESPERADO EN MARÍA PITA

O xoves , 22 de abril, houbo un incendio en María Pita . O incendio saiu en dous xornais. 

O INCENDIO EN LA VOZ DE GALICIA 

  O INCENDIO EN LA OPINIÓN DE A CORUÑA

  O incendio tamén  tivo outros observadores . Os alumnos de  5º  do noso colexio . Aquí contan o seu relato do acontecido.

           Fotos  e vídeos  do incendio proporcionadas por  María e Hugo

 

  



  UN VÍDEO DO INCENDIO . PREME AQUÍ

OUTRO VÍDEO DO INCENDIO . PREME AQUÍ

  

               Rotulado de Sofía

     HUGO 

  O xoves , 22 de abril, moitos alumnos da clase de 5º de primaria fomos  a María Pita porque era o aniversario de María.             Eu empecei a ulir a queimado e pensei que era unha grellada  dos veciños. Pero de súpeto empezou a saír un montón de lume dunha casa e o pai de LOIS avisou á policía.Empezaron a chegar máis policías e pecharon a zona. Chegaron os bombeiros e unha ambulancia. Usaron a escaleira para subir e apagar o incendio coa mangueira. NON HOUBO NIN MORTOS NIN FERIDOS .


        LOIS 

O xoves , 22 de abril, en María Pita estabamos moitos amigos do Ceip Cidade Vella e de súpeto o meu pai foi correndo ao axuntamento e un policía foi correndo ao lado dunha casa cunha estada . Acto seguido cheirei a queimado e fun correndo, o 2º foi Juan e o 3º Hugo e chegaron moitos, moitos, moitos, moooitos policías e bombeiros, despois chegou a ambulancia.

 Uns nenos de Dominicos puxéronse a berrar: Que estes bombeiros nos tiren caramelos! E Juan  dixo:  Si , a ver se vos tiran auga!  Despois todos nos fomos a xogar.

  SOFÍA

O día 22 de abril houbo un incendio en María Pita. Estabamos xogando e de súpeto dun tellado empezou a saír lume, eu pensaba que era que estaban facendo un asado pero ... era que algo se estaba queimando! Uns minutos despois chegaron os bombeiros, a policía e a ambulancia, pero por sorte non había mortos. Ao final os bombeiros apagaron o lume.

MARÍA 

O día 22 de abril houbo un incendio en María Pita. Estaba toda a miña clase. Estabamos todos tranquilos cando de súpeto empezou a correr a policía .A nós , nos chamou atención e fomos ver que era o que pasaba . Cando saímos dos soportais vimos que se estaba incendiando unha casa! E eu asusteime moito . A miña nai buscounos e nos levou aos soportais para estar protexidos.O incendio foi  cesando  ata que parou . Cando pasou continuamos celebrando o meu aniversario.

BADAR

 Un día no aniversario de María estabamos en María Pita , despois houbo un incendio e o pai de Lois  chamou á policía . A policía chamou á ambulancia e a os bombeiros que intentaron ver se había algún corpo pero non había ningún corpo .Durou uns 45 minutos ou 1 hora. Algunhas persoas gravaron vídeos ,fixeron fotos , etc . 

YASMÍN E TAVITA  

Estabamos tranquilos en María Pita uns cantos nenos e nenas da clase celebrando o aniversario de María. De súpeto empezou a xuntarse un montón de xente hasta que nos dixo a policía que se estaba queimando unha casa e a policía afastounos do lugar.

 Despois de que a policía nos afastara chamaron aos bombeiros e viñeron máis policías. A xente estaba superasustada e illada. Despois dunha hora de drama veu unha ambulancia. Chegaron como 3 ou 4 coches máis de policías e de bombeiros. Despois de media hora un bombeiro logrou apagar o lume, e so si, había moito fume. En fin, un xoves moi tolo 

O incendio visto por YASMÍN  

 


O incendio visto por FASIL  



 

sábado, 21 de noviembre de 2015

PLENO NO CONCELLO DE A CORUÑA



      Co gallo do 26 aniversario da   Convención  sobre   os Dereitos  do  neno   ( 20 de Novembro  de 1989) fomos convidados  polo Concello da Coruña ,  xunto con  outros colexios da cidade , a  participar nun  Pleno Infantil Conmemorativo.
   Cada  colexio centrouse nun dereito para expoñer e ao MONTEL TOUZET se lle  asignou  EDUCACIÓN.  Así presentamos  un texto elaborado en base á reflexion feita por toda  a  clase de 6º . Isto foi , en síntese,  o que Iván , Iria, Ana, José , Pablo e Rebeca  espuxeron;   froito daquelas reflexións.

                  DEREITO Á EDUCACIÓN    

  Todos  procedemos de  diferentes familias  nas que o  xeito de observar o mundo que nos rodea e de reaccionar ante diferentes situacións non coincide exactamente,  pero Independentemente da familia que teñamos,  todos coincidimos no importante que é recibir educación . Recibimos educación na casa, cos nosos ,  coa xente  que desde que nos levantamos estannos botando unha man e  dándonos apoio. Recibimos  educación en familia  cando nos recordan o importante que é o respecto e a tolerancia, e o que é máis importante cando vemos  que na súa conduta diaria os nosos pais/nais/avós/avoas  se comportan  así. 
  Cando chegamos á escola  tamén   recibimos  educación.  Dannos  unhas normas de convivencia para cumprir . Pero o fundamental  é cando vemos aos nosos profesores/as no seu labor diario , axudándonos,  e sobre todo , dándonos  exemplo de respecto ás normas.   Botando  unha man aos que máis  o necesitan, insistindo e sendo firmes en non tolerar condutas agresivas.
     Na escola aprendemos sobre a cultura e a historia dun país e iso  fainos mellores cidadáns. Aprender a redactar e  a expresarnos en varios  idiomas  axúdanos a integrarnos no mundo . 
     Consideramos  moi importante o valor educativo da solidariedade   porque  no mundo no que vivimos é fundamental poder axudar  aos que , polas razones que foran , non están recibindo educación tanto  aquí  como fóra do noso país.  
  A televisión   debe botar unha man no eido da educación  porque ás veces non axuda.  Cando acendemos a tele nun  horario normal e escoitamos  unha  linguaxe  pouco apropiada ou vemos unhas condutas  non correctas para educarnos ,  non nos está axudando.
    Nalgúns lugares do mundo a educación está moi mal : nenos que se lles obriga a traballar en vez de ir á escola, nenos que se lles obriga a coller  un arma para ir á guerra , en fin,   moito que facer aínda.  Pero nós aquí tamén temos que mellorar : máis becas para quen as precise e máis cartos  para material escolar e material das escolas   
  Sabemos que  os que nos estamos educando agora somos os adultos do futuro  e  polo tanto ben paga a pena non racanear en esforzos para mellorar.

     Foto  de familia de todos os participantes .
  
  Estas foron as nosas propostas de mellora  
  1. Suministrar máis información e cursos para axudar a erradicar as situacións de acoso a nenos que se dan en diferentes ámbitos.

 2. Suministrar  máis  información  e
máis cursos ou obradoiros para axudar a erradicar  a violencia  no deporte e sobre todo á que  rodea ao mundo  do fútbol. 


Estas son as dúas preguntas que lle
prantexamos ao Concello 
1.Como actúa o Concello
  coa xente que hoxe vive na rúa?

  2.    Como actúa o Concello coa xente que ven de fóra e non ten recursos para organizar minimamente a súa vida ? 








O PLENO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN:



   

sábado, 30 de mayo de 2015

DUN XOGO TRADICIONAL : A BUXAINA

A   BUXAINA

Marcos e Pablo, dous expertos lanzadores de buxaina, escriben sobre ela.

Buxainas  de hoxe e onte,  e algún truco
por
PABLO  OTÓN CARIDAD
     A buxaina é un xoguete tradicional e sobre todo moi entretido, aínda que agora xa hai moitos modelos novos. As buxainas de agora son de plástico duro e mesmo  hai algunhas que lles xira a punta e a podes coller entre os dedos e que che siga xirando,   aínda que se rompen antes cas de madeira, pero o que máis me gusta das antigas é que  podías  pintalas cun pincel da cor que quixeras .
  Un truco moi usado é o de poñer os dedos do medio separados , un con un e outro con outro e  cando os teñas postos   te  agachas e cun movemento  dos dedos, a pos rodando na man.
Debuxo:José Francesch Valiño



 Fundamentos técnicos do funcionamento da buxaina    
                                por
           MARCOS MARTÍNEZ   MALLO
Unha buxaina ou peón é un corpo que se fai xirar cun cordel sobre unha punta de metal sobre a que sitúa  o  seu  centro gravitatorio de forma perpendicular ao eixo de xiro,  equilibrándose sobre un punto grazas á velocidade angular,   que permite o desenvolvemento do efecto xiroscópico.    
       Os xiros  gradualmente diminuirán   debido   a  forza  de rozamento do aire,   conducindo a que o corpo se balancee trazando unha traxectoria circular  ao  seu punto de apoio ata que esta é  maior que o centro de gravidade   provocando finalmente a caída.
 Normalmente utilízase coma xoguete aínda que tamén foron usadas para xogos de azar e para realizar profecías e outros rituais.


           Fonte de información: Galipedia



  VÍDEO  SOBRE  A  BUXAINA

BUXAINAS  NA PRAZA DE MARÍA PITA . LA VOZ DE GALICIA . FAI CLIK AQUÍ
 
 EXPOSICIÓN SOBRE BUXAINAS  NA CORUÑA .
 ***FAI CLIK NESTA LIGAZÓN
  *** OU BEN NESTA OUTRA LIGAZÓN

ETIQUETAS DAS ENTRADAS .
alxibe (1) Andrea Maceiras (1) Angel Carracedo Alvarez (1) anticiclón (1) apalpador (2) Apolo 13 (1) árbores (2) arqueoloxía (2) astronomía (13) atletismo (1) auga (2) aurora boreal (1) avespa (1) bacterias (2) baloncesto (4) balonmán (2) bares (1) barómetro (2) biblioteca (7) biblioteca de Monte Alto (1) bodyboard (3) borrasca (2) boxeo (1) Brasil (1) buceo (3) buracos negros (1) buxaina (1) Caderno interactivo dixital (1) cálculo de superficies en inglés (1) cambio climático (1) cambios de estado (1) campionato de xadrez (1) Canarias (1) canción (2) canoas (3) cans (1) Capitanía Xeral (2) carballo (1) Carlos Casares (1) Carlos Maside (2) cartas (1) carteis (8) cartel de outono (3) Castelo de ´San Antón (2) castro (1) celebración (10) Cervantes (1) Chantada (1) ciclo da auga (1) Cidade Vella (19) ciencias (55) cine (7) circuitos eléctricos (4) clima (6) climogramas (1) coches eléctricos (1) comentamos libros (6) comentamos películas (7) cometa (1) Concello (3) Concello de A Coruña (4) concerto (4) condensación (1) conmemoración (16) constelacións (1) contadores de chistes (1) contaminación (4) Contos da Galicia Máxica (1) contos de Nadal (3) contos dos alumnos/as (1) Costa de Dexo (3) COVID 19 (1) crebacabezas (3) criba de Eratóstenes (1) Crisma dixital (7) cristais (1) culturas (2) curiosity (1) damas (1) danza (2) debuxos (7) densidade (2) deportes (7) dereito á educación (1) dereitos humanos (3) Día da Paz (8) Día do Libro (3) Diario de Greg (1) Digital Maths Notebook (2) dinosauros (1) diversidade cultural (8) domus (1) eclipse (2) ecoloxía (13) ecosistema acuático (4) ecosistemas protexidos de Galicia (1) educación ambiental (2) electroimán (2) Elviña (1) Emilia Pardo Bazán (1) empatía (7) encoro de Cecebre (1) entroido (14) Erica Esmorís (1) escalada (3) escáncer (1) escritores/as (10) Estación espacial (1) estrela polar (1) estrelas fugaces (3) Etiopía (1) etwinning (3) excursión (20) experimento (11) facemos cinema (2) Fairy oak (1) faros (1) festa (1) festa de despedida (1) Festival de Nadal (1) fin de curso (2) flotabilidade (2) Fonte do desexo (1) fontes de enerxía (1) fraccións (1) Francisco Fernández del Riego (2) frauta traveseira (1) fungos (2) fútbol (4) Gandhi (2) gas (1) gatos (1) geogebra (1) Héctor Cajaraville (1) historia (10) hobbys (4) hubble (1) incendio (2) inglés (2) instrumentos musicales (6) iogur (1) ISS (1) judo (3) kárate (1) kiosko (1) La isla del tesoro (1) Lagoa de Bodeira (2) larpeiradas (7) lectura (25) Ledicia Costas (1) lenda (3) libraría (1) Librería Cascanueces (1) Luis Seoane (1) magosto (2) manualidades (14) Manuel María (1) mapas conceptuais (2) maqueta (4) marea negra (1) María Canosa (1) María Pita (2) Marrocos (3) Marte (1) mascotas (1) matemáticas (42) matemáticas dixitais (1) matemáticas en inglés (1) maxia (1) medidas de lonxitude (1) medioambiente (1) mergullo (4) meridiano de Greenwich (1) meteoroloxía (10) mexillóns (1) minerais (2) mitoloxía (1) mofos (1) monicreques (2) montaña (2) motor eléctrico (1) murallas (3) música (14) natación (2) natureza (7) noticias (4) nubes de palabras (1) números primos (1) O Grove (6) obradoiro (8) ondas sonoras (1) ordenadores (1) ortografía (1) outono (5) Oza dos ríos (1) pacifismo (3) pádel (1) pancartas (1) pandemia (2) papiroflexia (4) parchís (1) pardal (1) Parque de Aquaciencia (3) parque de Bens (1) Parque de Oza (1) patinaxe (2) paxaros (1) peixes (1) películas (8) penicilina (1) percusión (1) periquitos (1) perseidas (2) petroleo (3) pi (1) pinchacarneiro (1) Pinocho (1) pintores galegos (3) piragüismo. (1) pirámide (1) planeta bermello (1) planetas (1) plantas (6) pluviómetro (2) Poesía (8) poleas (1) policía (1) poliedros (3) poliedros en inglés (2) porcentaxes (3) portas das murallas (3) Postais de Nadal (7) Praia de A Lanzada (3) Praza de Azcárraga (2) precipitacións (3) prehistoria (1) prensa (1) presión atmosférica (1) problemas de matemáticas (27) problemas de matemáticas en inglés (1) Proxecto de ciencias en inglés (1) pulmóns (1) pulsómetro (2) rap (1) ras (4) reciclaxe (20) recreacións artísticas (3) redacción (12) redes sociais (1) reloxo de sol (1) resilencia (1) respiración (1) revista dixital (11) Ría do Burgo (1) río Mandeo (1) robots industriais (1) rocha volcánica (1) rocódromo (4) Romanía (1) Rosalía de Castro (1) rúas (1) Samaín (4) scouts (1) seguridade en internet (2) Sir John Moore (1) snorkel (2) solidariedade (1) Stephen Hawking (1) surf (2) taboleiro de xadrez (3) taboleiro de damas (1) tambores (2) tangram (2) tartarugas (1) teatro (13) tecnoloxía (25) teléfono artesán (1) telescopio espacial (1) temperaturas (1) tempo atmosférico (5) temporal (4) termómetro (1) termómetro de alcohol e agua (2) The martian (1) The weather that we watch (2) Tiro con arco (1) tirolina (1) Titanic (1) tornado (1) Torre de Hércules (6) tramas (1) transmisión de son (1) trens (1) Trip to O Grove (1) un polbo na praia (1) urco (1) vacas (1) valores cívicos (8) vaporización (1) Victor y el monstruo (1) vídeo musical (1) videoconferencia (2) violín (1) viravolta (1) voar un papaventos (1) volcán (2) voleibol (1) xabaril (1) xadrez (2) xeo (1) xeografía (6) xeometría dixital (1) xerminación (1) ximnasia rítmica (1) xogos (5) xogos tradicionais (2) xordos (1)