Amanda -Baloncesto
Ola, chámome Amanda, e a miña afección é o baloncesto. O coñecín con 3 anos e desde alí me gusta moito. Son do Club de Leyma Coruña e conseguín algunhas firmas de xogadores. Nunca me perdo ningún partido. Teño a camiseta do equipo e por iso a veces me convidan aos partidos e non teño que pagar. A veces nos descansos saímos con carteis que poñen o nome do noso colexio e os xogadores nos poden chocar as cinco, falar e incluso asinar!
O BALONMÁN é un deporte de pelota no que dous equipos se enfrontan por ver quen mete máis goles (non é coma o fútbol).
No BALONMÁN non podes darlle co pé salvo o porteiro.No BALONMÁN hai dous areas ,pero non podes pisar dentro porque é invasión,ou sexa necesitas saltar para meter, pero vai haber un montón de defensas na area.
Eu xogo no OAR CORUÑA .
O meu adestrador é Francesco Aragona , o mellor goleador do OAR, .O club foi fundado en 1952, no seo da Agrupación de Acción Católica, situada na Cidade Vella de A Coruña.
ALMA - PIANO -XIMNASIA RÍTMICA
Ola, chámome Alma e gústame moito tocar opiano. Levo medio ano tocándoo e encántame, xa seiler partituras e tocalo co meu piano,
é un teclado 'Yamaha', pero é bastante
grande.
Tamén me gusta a ximnasia rítmica.
Vou os mércores coma hoxe, que tamén
é mércores.
BOXEO-VALERIA
A min gústame moito o boxeo, na miña casa teño luvas
de boxeo e un saco.
Adestro na casa cunha aplicación gratuíta que instalei na
miña tableta . Nesa aplicación ensíname como facer boxeo para
nenos.
Gústame o boxeo xa que me divirte moito e me relaxo.
Levo moi pouco tempo practicando boxeo, empecei este ano ,
pero teño practicado moito este ano e avancei moito.
Espero apuntarme a clases de verdade pronto.
ADRIANA CANTAR
Gústame porque ao cantar síntome libre e divírtome
moito e ademais o fago na miña casa e non teño que saír a rúa e non paso frío. E elixo eu a canción que quero cantar.
DANIELLA - NATACIÓN
Levo facendo natación desde os 2 anos, me encanta a
natación. Vou ao club natación Coruña, hai moitos niveis de gorros: amarelo,laranxa,verde,vermello,azul
e negro.
Eu vou polo negro xa mo deron hai 3 anos. Fun a
un campionato galego e case gano medalla, a natación é un deporte moi sacrificado e máis
si queres adestrar de elite.
Hoxe en día me estou preparando para ir a outros galegos
de verán, adestro todos os dias :o luns 2h ,o martes 3h, o mércores 2h ,o xoves 3h
e o venres 3h e o sábado 2h.
Adestro na piscina de Sardiñeira .
Cando fun ao galego foi na piscina de Santiago de
25m. O estilo que máis me gusta é o crol,tamén dáseme moi ben espalda,braza e
mariposa. O meu adestrador é moi esixente con todos os adestramentos, e nunha
competición ganamos nos relevos. O escudo do meu equipo é este.