O venres , 14 de abril, fixemos unha saída escolar para ver o Castro de Elviña xunto
co grupo de compañeiros de sexto e como punto de arranque para as leccións de
historia que van vir no 3º trimestre
Alí, entre pedras e monte que sempre lle presta ao
grupo , disfrutando dun día sen choiva e aturando co vento do nordés , fomos guiados pola monitora para ver e
entender o castro.
Escoitamos
e
observamos
moitas cousas...
AMANDA
En primeiro lugar pareceume moi interesante, aprendimos moito
sobre os castrexos e como vivían. Eran pobos pequenos con casas ovaladas, tamén
había un alxibe no poboado
Tamén vimos a ferrería,
amosáronnos bastantes exemplos de casas , ata o tesouro da vila! Aínda que o tesouro
era unha imaxe nun papel pero
dixéronnos onde podíamos ir velo real (no museo arqueolóxico).O alxibe ten 12m de longo e 6m de fondo e só se descubriu o 5% de toda a aldea.
LOLA
Sorprendeume moito como vivían os nosos antepasados, os
castrexos. Tamén vimos un especie de pozo ou piscina que se chama o alxibe
que tiña unha historia sobre un neno que estaba coa súa
vaca e caeuse ao pozo e así os veciños desa zona decidiron poñer un muro alí.
Tamén nos ensinaron uns obxectos feitos de arxila e uns
moldes, pero eran unha replica , os
reais estaban no castelo de San Antón.
JORGE
No castro de Elviña vimos unhas fermosas vistas e construcións (da Idade
dos metais).
Algo me chamou a atención é que todo estivese bastante conservado.
O lugar era moi bonito e con moita herba e plantas (moi preciosas) e tamén
de camiño vimos (os meus compañeiros e eu) vacas, ovellas e cabalos.
O castro de Elviña se encontra no noroeste da península ibérica. No castro de Elviña había unha especie de “piscina”
chamado o Alxibe.
No ano 1962 foi
declarado Ben de Interese Cultural.
NAIA
No castro de Elviña vimos onde vivían os galaicos, as súas
casas, o seu método de facer ferramentas, as súas estruturas...
E o que máis me gustou da visita foi o alxibe, mide seis metros de fondo e cando se enche é alucinante. Tamén me gustou como a monitora nos
explicaba, era todo moi detallado para que nós o entenderamos.
MARTÍN
Vimos todo o castro e a monitora
explicounos como saber se un
poboado era romano ou castrexo.
Chamoume a atención o alxibe e os seus seis ou oito
metros de altura dende as escaleiras.
Dende a croa do castro víase toda A Coruña, era fermoso .
CAROL
Vimos "ollos turcos" ( boliñas de cor azul feitas con cristais ) que eles , os castrexos, as intercambiaban por colares de ouro e cando era unha mala
oferta neses trocos pensaban que aparecía coma un eclipse.
Tamén había uns colares chamados torques que se poñían os castrexos e que lle metían metais
e facían ruído coma se foran persoas e cando ían á guerra os contrarios despistábanse
e pensaban que eran moitos mais castrexos dos que eran pero cando un do contrario
roubaba un deses colares se o poñía entón os castrexos pensaban que era o seu
compañeiro.
PABLO GONZÁLEZ
Na visita ao castro de Elviña aprendín moitas cousas:
como onde vivían, diferentes sitios etc. Tamén vimos un alxibe que era coma un
tipo de piscina, as ferrerías e as súas casas.
O que máis me chamou a atención foi como se conservou
todo.
Era todo bastante bonito, e había un montón de plantas e
insectos.
PABLO RODRÍGUEZ
1. Vimos como vivían hai moito tempo.
2. Chamoume a atención porque vivían pouco ,aos 40 anos eras xa vello e cando
tiñas 10 anos cumpridos xa remataches de formarte
para facer cousas na vida.3. O lugar era
moi vello e as casas e as construcións estaban feitas en pedra.
VALERIA
Vimos as
vivendas dos castrexos , que son os nosos antepasados. Dese lugar chamoume a atención
a cantidade de portas que había aínda que non estaban fisicamente pero nos
explicaron onde as había e como se
recoñecía o sitio .
É un lugar
cunhas casas redondas de pedra sen teito xa que pasou moito tempo dende que as
fixeron e os tellados xa foron
desaparecendo .
As casas son
redondas xa que os castrexos sempre as facían así , en cambio os romanos cadradas.
Tiñan un “sistema de desaugues " que os facían cun buraco na pedra e logo ía por un
canal por todas as casas. Eles esperaban a que chovera e xa estaba.
CARMEN
Estivemos no Castro de Elviña
e estivemos vendo todas as construcións. Primeiro estivemos vendo como vivían e
con que materiais ían para as guerras e uns colares de ferro que servían para
que os rivais pensaran que había máis xente da que había realmente . Tamén nos ensinaron
como un tipo de piscinas que se chamaban alxibes e servían para coller auga.
DEBI
Vimos castros antigos e réplicas de cousas dos romanos e dos castrexos.
Chamoume a atención o alxibe e o ollo turco ( boliñas de cor azul , feitas con cristais) .
Tiña moitas cousas antigas, tiña vistas a toda a Coruña e era moi bonito . Ademais estaba moi ben conservado.
PAULA
Pois vimos como vivían os castrexos nos castros, e me chamou moito a
atención o alxibe que era como una piscina moi profunda. O lugar era no campo e
con moitos círculos de pedras desfeitas.
HUGO
Como vivian os nosos antepasados e como
conseguian ter algo de
riqueza
As estructuras das casas eran o circulares ou
rectangulares, había ferrerias .
O Castro de Elviña é un poboado fortificado
característico da
cultura castreña do noroeste da
península ibérica.
IZAN
Eu e a
miña clase visitamos o castro de Elviña. Foi
unha excursión e
había moitos muros das casas e
algunhas pizarras para marcar ata
onde chegara o
escavado. Había unha especie de poza que se
utilizaba
para recoller auga.
ALMA
Gustoume moito a visita ao
castro de Elviña,
aprendimos moitas cousas sobre os nosos
antepasados.
A
monitora ensinounos mostras dos restos que
deixaron os castrexos,
como vivían e como
traballaban.
O
pasei moi ben.
XIAN
No castro de Elviña vimos algunha
casa,ferrerías, a casa do tesouro...
O que máis me chamou a atención foi unha especie de pozo ( o alxibe ) e a casa do tesouro.
Era un lugar de térreno irregular para facilitarlle aos carros,que puideran
andar sen esvarar xa que era en pendente e estaba ``medio destruido´´ .
Lle fixen unha pregunta moi exacta á monitora de canto medía o alxibe de profundidade.
Algúns alumnos/as fixeron recreacións dixitalizadas co Tuxpaint do que vimos na visita
Valeria , Martín , Pablo G. e Hugo foron os artistas .