INICIO   Do 2012 ao 2018    Do 2018 ao 2024    A CIDADE VELLA    *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH***   MAQUETAS E RECICLAXE   ★ CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS ★   ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

martes, 9 de abril de 2019

DE MATEMÁTICAS E VALORES CÍVICOS .

*** Xa temos a  8  alumnos/as que constestaron correctamente a todas as preguntas . Uns en formato dixital e outros en  formato manuscrito . 
  *** PARABÉNS A MANU , SOFÍA MALAGÓN  ,  LUCILA, HUGO , LOIS , EIZÁN , SOFÍA ÁLVAREZ  E  BRAYAN    !!! ***

Ao remate desta entrada reproducimos literalmente as correctas , precisas e matematicamente ben razoadas respostas que deron estes alumnos /as .



        UN PROBLEMA PARA AS VACACIÓNS


Estimados  alumnos/as  : vouvos plantexar eu , como voso titor, este problema que ten algo de real , un pouco de conto e , se cadra , de lenda máis ou menos urbana do vello barrio coruñés de Monte Alto  .

                                             O  conto


   Resulta que no lugar que hoxe ocupa o Polideportivo do Club do Mar de San Amaro había unha charca moi grande coñecida polo nome de A Ría , de cando en vez visitada polos que fomos veciños de Monte Alto e sobre todo dos que fomos moradores da Agra de San Amaro durante moitos anos. Parece ser que tempo antes fora un brazo de mar, o cal chegaba ata alí mesmo e de aí o nome .
 Disque preto da ría  houbo un vello e ruinoso castelo.

Pois ben, da marxe norte da Ría xurdía un carreiro empinado que ía dar a unhas fontiñas cun vello lavadoiro e outra charca máis pequena. Estoutra charca é o escenario para o noso problema.

A charca estaba habitada por unha tribo de ras e sapos que mandaba unha vella ra , tan vella como lista e testuda  , chamábase Frogha . O feito que a xefa fora unha ra non era ben visto por algúns sapos (unha minoría deles, o grupo opositor) e tamén por algunhas ras que andaban sempre moi  alporizadas e que opinaban que os sapos tiñan máis nivel e que por tanto tiñan que mandar porque si.



 A lenda conta que  unha noite de verán achegouse á charca un exército de bichos de dimensións enormes . Alí estaban:

1.      Lesmas baballando ao fronte

2.      Píntegas con debuxos de guerra na súa pel

3.      Escornabois remexendo o ar cun barullo infernal

4.      Vagalumes alumeando a noite e converténdoa nun dia de pavorosa  luz

5.      Saltóns movéndose en zigzag como chuvia de frechas.

Ameazaban con comer todo e expulsar a tribo de batracios alí existente. 

 
 

A xefa da tribo convocou unha xuntanza de urxencia  e explicoulles aos alí reunidos que para derrotar  a todo aquel exército  existía  un  determinado elixir de veleno. Pero que tiñan que saber a cantidade exacta de veleno a preparar  para cada bicho  senón non faría efecto. 


O xefe do grupo de sapos opositores,  chamábase NAPOLEÓN , aínda que el quixera que a súa nai lle puxera de nome AUGUSTO CÉSAR .  Era un sapo  bastante voluminoso,  torpe ,  de carácter faltón  ,  con fama inmerecida de chistoso , e fachendoso ata a náusea  ( había quen aseguraba que podía ser medio sapo e medio lesma dado as cantidades de baba que deixaba o seu paso). Pois ben, NAPOLEÓN  dixo que aquilo era unha parvada e que só a unha ra se lle podía ocorrer tal cousa. Os poucos seguidores sapos que tiña aplaudiron ese comentario “enxeñoso” axitando as engurras do pescozo e tamén o fixeron as ras da súa corda , moi alporizadas, e que asentiron mentres berraban e repetían “Ai si , que é un gran sapo e sempre ten razón !!


 O resto, a inmensa maioría da asemblea da tribo das  ras e sapos  , fixo un respectuoso silencio cando Frogha, a xefa, seguiu  describindo o  complicado escenario do conflito que se achegaba.  Falou con voz tranquila e firme. 


 -Se lles permitimos que entren na nosa charca non quedará nada útil, nada que pague  a pena  , nin comida para nós nin augas limpas para poder beber e nadar en liberdade .  
           

                               O PROBLEMA
 Aplica o que coñezas sobre dobre, triple,metade, hectolitros , centilitros e litros  para axudar a Frogha a derrotar ao  exército de bichos  e polo tanto contesta  a estas 

                              4  Preguntas



   Veñen un camión e unha furgoneta  cargados con todo o elixir de veleno  que van  utilizar. O camión trae 4 hl de elixir de  veleno  e  a  furgoneta trae 200 cl.   

 1.  Cantos litros  de elixir  traen en total entre o camión e a furgoneta  ?

 2. Para  acabar cos escornabois   precisan a metade  do total de litros  .  Cantos litros   precisan exactamente ?

 3. Para  acabar cos  saltóns  e as lesmas   precisan  o triple de 50 litros  .  Cantos litros   precisan exactamente ?

 4. Para  acabar cos   vagalumes  e as píntegas   precisan  o  resto de elixir de veleno que  lles quedou aínda sen usar despois de haber acabado cos outros bichos .   Cantos litros   precisan exactamente ?









Conta a lenda que esta batalla puido ser gañada, que Frogha 
confirmou o seu  poder e seguiu gobernando con xustiza a tribo durante moitos anos e que chegaron a un acordo de convivencia  pacífica  con toda a bichería de San Amaro e Monte Alto compartindo  espazos de charcas , lameiros e prados  . 

 

   A partir daquela batalla   sapos e ras sabían que  para os seus fillos e fillas , o mérito e o traballo  era o criterio fundamental para ser elixido xefe ou xefa da tribo  e que daba igual que foras  ra ou sapo , gordo/a ou fraco/a ,  novo/a ou vello/a, cos ollos vermellos , marróns ou laranxas metalizados, ter a pel  amárela , branca, negra  ou marrón silvestre ,  ser nado en Beirut , en Berlín ou en Coirós, ser fillo ou filla de Xan ou de Pericán , ser amigo ou amiga de  fulano ou de mengano...  

 Como afirmaba nalgunhas  ocasións Frogha  “Gobernar unha tribo de ras e sapos  é  máis  complicado que rexir unha granxa. As ras e os sapos son xente... xente moi intelixente , aquí as  cousas hai que facelas  con xeito” . 

 

      Tamén cóntase que  NAPOLEÓN  cambiou, cambiou e cambiou , e tanto cambiou no futuro,  que un día as ras e os sapos da súa corda , que en si non eran malos/as , máis que nada faltáballes un  fervor/ura ,  regaláronlle un trofeo  moi grande,  pero que  moi grande… E de ouro ! Para que puidera seguir facendo o que máis lle gustaba:  presumir  diante das  ras e os sapos .
 E disque  as ras ( as da súa corda , non as outras )  , mesmo  ás veces achegábanse a  el  croándoo  co poderoso , emblemático  e suxestivo nome  de AUGUSTO CESAR FILEMÓN .
   Cando se retirou da charca ninguén  o botou de menos  agás ... as  ras e sapos  da súa corda  .  
 Xa cerca do seu  retiro déronlle unha coroa de loureiro  cunhas floriñas  nun día  que orballaba de abondo  na Ría de San Amaro  .   Pero isto … xa é outra historia, tamén con enjundia , e excede, obviamente,  o contido do noso interesante  problema. 



  Respostas a este problema    ao correo do blog , como comentario  á entrada    ou á volta  ao colexio. 

  Pasade unhas boas vacacións  e recargade as baterías  .



                                                                   Carlos

 

                  ***  RESPOSTAS CORRECTAS  QUE NOS ENVIARON ***



 MANU ,  LOIS ,   HUGO  ,  EIZÁN , SOFÍA ÁLVAREZ E BRAYAN   ENVIARON  POR DIFERENTES MEDIOS  O PROBLEMA ASÍ CONTESTADO  PARA AXUDAR A FROGHA

1. 402 litros
4 hectolitros son 400 litros
200 centilitros son 2 litros
400+2=402 litros 

2. 201 litros 
402:2=201 litros 

3. 150 litros 
50×3 =150 litros 

4. 51 litros 
201+150=351 litros 
402-351=51 litros 

Para saber que está bien sumé :
201+150+51=402 litros. 

 LUCILA

SOFÍA  MALAGÓN



No hay comentarios:

Publicar un comentario

ETIQUETAS DAS ENTRADAS .
alxibe (1) apalpador (2) Apolo 13 (1) arqueoloxía (2) astronomía (13) atletismo (1) auga (2) bacterias (2) baloncesto (4) balonmán (2) barómetro (1) biblioteca (7) biblioteca de Monte Alto (1) bodyboard (2) borrasca (1) boxeo (1) Brasil (1) buceo (2) buracos negros (1) buxaina (1) cálculo de superficies en inglés (1) cambio climático (1) cambios de estado (1) campionato de xadrez (1) Canarias (1) canción (1) canoas (1) cans (1) Carlos Casares (1) cartas (1) cartel de outono (1) Castelo de ´San Antón (1) castro (1) celebración (10) Chantada (1) ciclo da auga (1) Cidade Vella (17) ciencias (55) cine (6) circuitos eléctricos (4) clima (5) climogramas (1) coches eléctricos (1) comentamos libros (6) comentamos películas (7) Concello (3) Concello de A Coruña (4) concerto (4) condensación (1) conmemoración (15) constelacións (1) contadores de chistes (1) contaminación (4) COVID 19 (1) criba de Eratóstenes (1) cristais (1) culturas (2) damas (1) danza (2) debuxos (6) densidade (2) deportes (6) dereitos humanos (3) Día da Paz (5) Día do Libro (3) Digital Maths Notebook (2) diversidade cultural (8) eclipse (2) ecoloxía (12) ecosistema acuático (2) electroimán (1) Elviña (1) Emilia Pardo Bazán (1) encoro de Cecebre (1) entroido (14) escalada (3) escáncer (1) escritores/as (6) Estación espacial (1) estrelas fugaces (2) Etiopía (1) etwinning (3) excursión (19) experimento (11) facemos cinema (2) Fairy oak (1) festa (1) festa de despedida (1) fin de curso (2) flotabilidade (1) fontes de enerxía (1) Francisco Fernández del Riego (1) frauta traveseira (1) fungos (2) fútbol (4) Gandhi (1) gas (1) gatos (1) geogebra (1) historia (9) hobbys (4) hubble (1) incendio (2) inglés (1) instrumentos musicales (5) iogur (1) ISS (1) judo (3) kárate (1) kiosko (1) La isla del tesoro (1) larpeiradas (7) lectura (24) lenda (3) libraría (1) Luis Seoane (1) magosto (1) manualidades (11) Manuel María (1) maqueta (4) marea negra (1) María Pita (2) Marrocos (3) Marte (1) mascotas (1) matemáticas (41) matemáticas en inglés (1) maxia (1) medidas de lonxitude (1) mergullo (2) meteoroloxía (7) minerais (2) mitoloxía (1) mofos (1) monicreques (2) montaña (2) motor eléctrico (1) música (13) natación (2) natureza (7) números primos (1) obradoiro (7) ordenadores (1) outono (2) Oza dos ríos (1) pacifismo (3) pádel (1) pancartas (1) pandemia (2) papiroflexia (4) pardal (1) parque de Bens (1) Parque de Oza (1) patinaxe (2) paxaros (1) peixes (1) películas (8) penicilina (1) percusión (1) periquitos (1) perseidas (2) petroleo (2) pi (1) pinchacarneiro (1) Pinocho (1) piragüismo. (1) pirámide (1) planetas (1) plantas (5) pluviómetro (1) Poesía (8) poleas (1) policía (1) poliedros (2) poliedros en inglés (1) portas das murallas (1) Postal dixital (2) Praza de Azcárraga (1) precipitacións (3) prehistoria (1) prensa (1) presión atmosférica (1) problemas de matemáticas (27) problemas de matemáticas en inglés (1) Proxecto de ciencias en inglés (1) pulmóns (1) pulsómetro (2) rap (1) ras (3) reciclaxe (14) redacción (9) redes sociais (1) reloxo de sol (1) respiración (1) revista dixital (6) Ría do Burgo (1) río Mandeo (1) robots industriais (1) rocódromo (2) Romanía (1) Rosalía de Castro (1) rúas (1) scouts (1) seguridade en internet (2) Sir John Moore (1) solidariedade (1) Stephen Hawking (1) surf (2) taboleiro de xadrez (1) taboleiro de damas (1) tambores (1) tangram (1) teatro (13) tecnoloxía (23) telescopio espacial (1) temperaturas (1) tempo atmosférico (4) temporal (4) termómetro (1) termómetro construido na escola (1) The weather that we watch (1) Titanic (1) Torre de Hércules (4) transmisión de son (1) trens (1) urco (1) vacas (1) valores cívicos (8) vaporización (1) Victor y el monstruo (1) vídeo musical (1) videoconferencia (2) violín (1) viravolta (1) volcán (1) voleibol (1) xabaril (1) xadrez (2) xeo (1) xeografía (5) xeometría dixital (1) xerminación (1) ximnasia rítmica (1) xogos (4) xogos tradicionais (1) xordos (1)