A CIDADE VELLA
DE A CORUÑA
Por: Maria Haua Belda
AS ANTIGAS MURALLAS
As fortificacións que protexían o recinto da Cidade Vella tiveron a súa orixe no reinado de Henrique III, nos últimos anos do século XIV. Consérvanse restos das murallas defensivas, así como tres portas que abrían a cidade ao mar ao longo do paseo do Parrote, fronte á baía. Tamén se conserva o baluarte coñecido como a Fortaleza Vella, que é o actual Xardín de San Carlos.
O XARDIN DE SAN CARLOS
A SÚA HISTORIA
A Cidade Vella da Coruña correspóndese co primitivo asentamento urbano e está declarada Monumento histórico-artístico. No seu interior están a maior parte dos edificios históricos, e as súas rúas conservan aínda o seu antigo trazado, así como un gran número de casas de porte antigo.
LOCALIZACIÓNS IMPORTANTES
- Seguindo o paseo do Parrote atópanse a muralla e a porta de San Miguel, construídas en 1607 fronte ao Castelo de San Antón.
- A porta do Cravo, que se atopa fronte ao Xardín de San Carlos, foi construída en 1676.
- A porta da Cruz ou do Parrote, fronte ao Palacio da Capitanía Xeneral, é tamén do ano 1676.
PLANO E OUTRAS IMAXES
FONTES DE INFORMACIÓN:
GALIPEDIA
IMAXES:
GOOGLE IMAXES
1 comentario:
Encantoume o teu traballo!!!
Xenial!!!
Publicar un comentario