Excursión de fin de curso
Valoracións-vivencias -opinións
Lúa
Costa
de Dexo
Fomos
a Costa de Dexo pola mañá. Primeiro pasamos por unha corredoira
que era un camiño principal de Dexo hai moitos anos. Chegamos a un
portiño onde se vía a illa de Marola e tomei moitas fotos.
Sorprendeume que o eucalipto e a unlla de gato foran especies
invasoras.Levoas vendo toda a vida e nunca pensei que fixeran algún
mal. A herba de namorar é moi bonita pero todo o que hai que
facer... Esa vinna tamén no monte de San Pedro. Gustoume moito esa
parte da excursión. A comida foi divertida. Estábamos todos falando
e tíñamos fame negra. Alí notáronse os cinco kilómetros que
andiveramos.
Parque
Aquaciencia
Logo,
pola tarde, fomos ao parque AquaCiencia de Ferrol. O que mais me
gustou foron os pavos reais e o transbordador. Foi divertido, movíase
moito e hai quen case se cae. Foi interesante. Nunca vira pavos
reais e son moi bonitos. Ao final gustoume moito toda a excursión.
Elena
Costa de Dexo
É un
espacio protexido do Concello .
Polo bosque que cruzamos hai
esguíos ainda que nós non pudimos velos.
Si vimos piñas mordidas por esguíos .
Tamén fomos
aos cantís para ver as aves.
Desde os cantís pódese ver a Torre de
Hércules.
O Parque de Aquaciencia
Despois fumos a Aquaciencia
que está cheo de auga e vimos : un
muiño de auga , un transbordador , unha
bola xiratoria ..... O máis estraño de
todo foi
que ali estiveran os pavos
reais . O noso monitor mostrounos
que ca auga tamén se produce
electricidade para a luz. O que máis me gustou foi o transbordador
.
Antía
Costa de Dexo
Nesta excursión vimos
o Porto de Dexo e nese porto vimos a Illa da Marola . Dexo non parecia un porto porque non
había barcos . Fomos a outro sitio para descansar
e a monitora ensinounos moitas clases de
plantas e tamén moitas clases de gaivotas .Unha era a gaivota chorona que en
castelán é a gaiviota reidora e a min non me gustou porque chovia moito e eu non
tiña capucha entón caeume un chaparrón encima . Finalmente fomos correndo cara
o autobús .
O Parque de Aquaciencia
Neste parque vimos un pavo real que non
sacaba as ás porque non habia ningunha pava e había auga por todas as partes
.Estivemos xogando a moitos xogos que trataban sobre a auga e vimos unha bóla
que cando a xirabas e a tocabas mollabaste . Habia pedais para para que se movera un muiño
. Unha bomba de ferro na que habia unha panca por onde saia a auga e outra cousa
que molaba moito era unha balsa na que habia unha corda para chegar a o outro
lado .
María
Costa de Dexo
A min gustoume moito
porque é un sitio moi fermoso onde podes
ver aves de diferentes especies e tamén
moitas plantas . Tamén vimos a Illa da Marola que ten forma de tartaruga
. Foi unha experiencia inolvidable . Outra parte que gustoume moito foi ver as gaivotas tan cerca.
O Parque de Aquaciencia
O que máis me chamou a atención foron os pavos reais que facían ruidos raros . Nun momento eu pensei que ían
atacarnos. Vimos moitos inventos
divertidos e educativos como : a
clepsidra ou reloxo de auga , un transbordador e moitísmas cousas máis . Tamén gustoume
moito o parafuso de Arquímides.
Casi toda a excursión estivemos cos de 6º
cos que nos levamos moi ben.
Carlos
Costa de Dexo
Fumos á Costa de Oleiros e nos choveu
moito,pero conseguemos ver moitas plantas: a margarita silvestre, a flor de
namorar... A que máis me chamou a atención foi a “unlla de gato”. Era unha
especie invasora e máis verde escuro ca herba.
Fumos ó Seixo Branco, chamado así
por unha pedra branca que baixaba ata o mar. O máis impresionante foi saber que se
formou a moitos metros baixo terra! Paseamos por un bosque no que había moitos
eucaliptos. E vimos unha illa chamada
Marola. Foi divertidísimo!
Na praia:
Despois da
visita á Costa de Oleiros, fumos a unha praia a comer a comida que levamos da
casa. Despois xogamos ao fútbol.
Parque
Aquaciencia:
Despois da visita á Costa de Oleiros, fumos
ata Ferrol,para visitar o parque Aquaciencia.
Alí había moitos pavos reais, pero
alí tamén choveu. Estivemos vendo moitos experimentos coa auga: o parafuso de Arquímedes ,unha bola que
se deslizaba grazas á auga, unha balsa na que navegamos. Estábamos os alumnos de 5º e 6º, e o que máis
xente atraeu foi o martelo que funcionaba grazas á potencia da auga. Se puñas unha pedra alí a trituraba! Foi unha excursión impresionante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario