O día 13 de marzo
fixemos unha saída cara as antigas murallas da Coruña. Alí explicáronnos
diferentes aspectos das vellas portas que están naquel muro de pedra.
PORTA DO
PARROTE
Esta porta
foi unha das últimas portas da fortificación da cidade. A súa construción e de
1676. Foi construída sendo rei Carlos II. É a porta mellor conservada e nela
podemos ver tres escudos. O do medio e o escudo real e os dos lados son o
escudo do Conde de Aranda, o Capitán Xeneral de Galicia.
PORTA DO CRAVO Esta porta debeu ser moi parecida a do Parrote, só que non chegou os nosos días a parte de arriba onde debían estar os escudos.
CASTELO DE SAN ANTÓN
Inicialmente foi un lazareto é dicir un hospital onde se atopaba xente
con enfermidades contaxiosas como a lepra. Máis tarde foi unha fortaleza capaz
de defender a cidade dos numerosos ataques que sufriu durante anos.
Posteriormente converteuse nunha prisión. Un dos presos máis celebres que
tivo foi Gómez Catoira, quen era o fareiro da Torre de Hércules. Ao parecer dedicábase
a comerciar e facer cartos co
aceite que a el lle daban para manter a luz do faro.
Como só se chegaba alí por mar nunha pequena barca ou bote, a persoa que
levaba o bote, o boteiro, tiña alí a súa casa.
O castelo hoxe é un museo
arqueolóxico.
Elena , Lúa , Carmen Fernández e Carmen Álvarez
PORTA DE SAN MIGUEL
Foi construída en 1595 polo Capitán Xeneral Diego das Mariñas.Ten tres
escudos entre os que destaca o central
co colar exterior da Orde de Toisón de Ouro,un dos atributos da realeza
Española .Desemboca nun pequeno
embarcadoiro do que partía a barca que comunicaba o Castelo de San Antón.
XARDÍN DE SAN CARLOS
Primeiro foi
unha fortaleza medieval que protexía a cidade, anos mais tarde converteuse nun polvorin ata que no século XVII
estoupou , e onde morreron 200 persoas. Posteriormente foi
un lugar onde somente había cascallos . Despois foi o lugar escollido para
enterrar a Sir John Moore (Xeneral británico que participou na batalla de
Elviña) . Hai unha lenda que di que a partir daquel momento converteuse nun xardín
cunha pantasma e así cada 16 de Xaneiro ten lugar o reencontro de Lady Sthanhope e Sir
John Moore. Lady Sthanhope volve da súa tumba para deixarlle flores a Sir Jhon
More.
Os monitores
da ruta retáronnos a estar aquel dia alí pola noite,a algúns
de nós pareceulles unha boa e
divertida idea , e ver
se existía a pantasma e a lenda era real. A outros pareceulle que non era tan boa idea e
que terían medo .
Fernando,
Andrés , Mateo , Antía e Paula
Nesta fotografía
obsérvase como as pedras máis novas foron o recambio das antigas pedras que se
perderon na explosión do polvorín de San Carlos. As antigas vense que son máis pequenas , non tan cuadrangulares.
Mateo
No hay comentarios:
Publicar un comentario