Marcos e Pablo,
dous expertos lanzadores de buxaina, escriben sobre ela.
Buxainas de hoxe e onte, e
algún truco
por
PABLO OTÓN CARIDAD
A
buxaina é un xoguete tradicional e sobre todo moi entretido, aínda que agora xa
hai moitos modelos novos. As buxainas de agora son de plástico duro e mesmo hai algunhas que lles xira a punta e a podes
coller entre os dedos e que che siga xirando, aínda que se rompen antes cas de madeira,
pero o que máis me gusta das antigas é que podías
pintalas cun pincel da cor que quixeras .
Un
truco moi usado é o de poñer os dedos do medio separados , un con un e outro
con outro e cando os teñas postos te agachas
e cun movemento dos dedos, a pos rodando
na man.
Debuxo:José Francesch Valiño |
Fundamentos
técnicos do funcionamento da buxaina
por
MARCOS MARTÍNEZ MALLO
Unha buxaina
ou peón é un corpo que se fai
xirar cun cordel sobre unha punta de metal sobre a que sitúa o seu centro gravitatorio de forma perpendicular ao
eixo de xiro, equilibrándose sobre un
punto grazas á velocidade angular, que permite o desenvolvemento do efecto
xiroscópico.
Os
xiros gradualmente diminuirán debido a forza
de rozamento do aire, conducindo a que o corpo se balancee trazando
unha traxectoria circular ao seu punto de apoio ata que esta é maior que o centro de gravidade provocando finalmente a caída.
Normalmente utilízase coma xoguete aínda que tamén foron usadas para xogos de azar e para realizar profecías e outros rituais.
Normalmente utilízase coma xoguete aínda que tamén foron usadas para xogos de azar e para realizar profecías e outros rituais.
Fonte de información: Galipedia
VÍDEO SOBRE A BUXAINA
4 comentarios:
Me gustan mucho las peonzas,yo tengo una y es bastante dificil hacer algunos trucos,pero si lo intentas muchas veces al final te sale.
Xa cánsame tanta buxaina.
Yo creo que salió muy bien a todos . Les salió genial.
A mí me gustaron todas las formas de tirar la peonza , sobre todo las de Marcos y Sergio.
Publicar un comentario