Nico.
Martínez , Ana , June e Yeray cóntannos algunhas cousas sobre
aquela festa onde a participación organizada , moi
correcta , xenerosa e entusiasta ( como non podía ser menos )
dos alumnos/as de 6º serviu de estímulo e exemplo para que todo
saíra ben.
- Sobre a festa e os vendedores/as de aperitivos e bebidas por NICO. MARTÍNEZ
O
xoves da semana pasada tivo lugar a que, na miña opinión, foi a
mellor festa de entroido do colexio. Batemos récord de
recadacións!
Había
tres postos: o meu, dedicado a chuches, aperitivos salgados e
bebidas; o interior, utilizado para a venda de doces, bebidas quentes
e “perritos calientes”; tamén tiñamos un posto con manualidades
e rifas á venda.
No
meu posto o traballo fora moi intenso, sempre tiñas a alguén que
atender.
Ao
final vimos que batemos récord de recadacións: 875 euros! A
anterior marca estaba en 800. Foi todo un éxito.
- Sobre os vendedores/as de chocolate, orellas, tarta de queixo e outras lapeiradas por JUNE
Había
moita xente que quería comprar doce e cinco persoas atendendo, tamén
estaban algúns pais axudando. Acabáronse os pratos de plástico e,
despois dun anaco, encontraron máis. Era un lío bastante grande,
sobre todo o do diñeiro que había que cobrar, tiñas que mirar
canto custaba cada cousa se non che acordabas. Ademais axudounos Lola
unha antiga compañeira de clase. Moitas persoas compraban comida
para levar á festa do colexio ao día seguinte. O que máis
compraron foi o chocolate.
- Sobre os vendedores/as de rifas por YERAY
Foi
moi divertido vender as rifas, sobre todo cando lle preguntábamos á
xente se querían rifas e nos respondian que sí. Había xente que comprara moitas rifas e que non lle tocara nada e outras que
compraran só unha rifa e lles tocou algo.
Ao
remate da festa estabamos todos agotados de vender rifas porque
había moita xente. Recadamos moito diñeiro vendendo rifas. Eu
paseino moi ben.
- Sobre as vendedoras de manualidades por ANA
Na
festa, Rebeca, Iria, Natalia, Sarah, a irmá de Yeray, Sandra e eu
vendíamos manualidades de todo tipo: figuras de gomiñas,
marca-páxinas, figuras de hama beads, pulseiras
de gomiñas e broches. Todas estas manualidades fixeronas case
todas as nenas que nomei eu. A venda foi bastante ben e vendimos
case todo. Viñeron moitas nenas a comprar e algúns nenos.
Recadamos arredor de 47 euros.Neste posto , todas nós pasámolo moi
ben vendendo. Foi moi divertido e entretido.
1 comentario:
Yo la verdad, pienso lo mismo. Me lo pasé muy bien en la fiesta del cole. Y yo también estuve en el puesto de fuera.
Publicar un comentario