por
INÉS HERNÁNDEZ FERNÁNDEZ
O pasado 5 de xuño, os alumnos de 5º e 6º fixemos
unha visita guiada polas murallas da Cidade Vella. Faláronos das tres portas máis
importantes da Coruña: A porta do Parrote, a porta do Cravo e a porta de San Miguel.
Todas as portas tiñan dous escudos, o do rei e o do Capitán Xeral de Galicia. A
porta o Parrote foi a última en reformarse, foi construída en 1676, durante o
goberno do rei Carlos II .A porta do Cravo é moi parecida á do Parrote, pero a
parte de arriba quedou desfeita e xa non poden verse os escudos, a porta de San
Miguel construíuse en 1595 polo Capitán Xeral, esta fronte ao castelo de San
Antón.
O
castelo de San Antón era un illote. Tamén
foi unha prisión, entre os seus presos con sona estivo Gomez
Catoira, o fareiro da torre de Hércules,
que foi a prisión por traficar coa aceite que lle daban para manter a luz do faro . O castelo foi un lazareto onde os viaxeiros dos barcos
que viñan Á Coruña e tiñan una
enfermidade contaxiosa pasaban a corentena dentro do castelo e así evitar o contaxio da cidade despois reformouse e construíuse unha
fortaleza.
Tamén
visitamos o xardín de San Carlos, e dixéronnos que antes era un polvorin que
estalou e tiveron que reconstruír gran parte da súa muralla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario