GABRIEL enviounos as primeiras :
Dous carteis para animarnos a todos
Unha recreacion artística feita a partir dunha caixa de cartón : na foto vemos a cara orixinal do can e a cara do can na recreación da súa cabeza en cartón.
Grazas Gabriel !
Claudia agasállanos cun bonito ecosistema marítimo a partir dunha caixa de cartón e outros materiais .
Grazas Claudia !
Este bonito debuxo dun tren para compartilo con todos os compañeiros enviouno MANU
Grazas Manu !
JUAN apórtanos as súas interesantes creacións con cartón
, palillos e outras trapalladas , baixo o título de "Casas para monstros "
Tamén enviounos un creativo esquema da fotosíntese.
Grazas Juan !
SEBASTIÁN sementou
unhas plantiñas de
tomate con xeito e con
técnica . Aquí están as fotos e se facedes
clik aquí veredes como
vos conta todo o proceso .
Grazas Sebastián !
Con creatividade , maña e arte elaborados. LOIS preséntanos estes traballos feitos na casa: hai de todo desde castelos ata cans de diferentes materiais xunto cuns bonitos debuxos .
Grazas Lois !
HUGO fixo unhas cantas figuras xeométricas : unhas planas e outras con volume e algunhas definidas por liñas abertas . Palillos , plastilina e habilidade.
Grazas Hugo !
SOFÍA MALAGÓN tráenos un traballo sobre o cal xa levaba un certo tempo en preparación. En base a usar diversos materiais de refugallo fixo un expositor e unha exposición en vídeo sobre un tema no que na nosa aula de 4º temos oficio e experiencia : RECICLAXE .
Aquí está o vídeo
Grazas Sofía!
LUCILA fixo unha simpática e bonita versión dun cadro de Jorge Peteiro e un coronavirus enfadado porque estálle indo algo mal . Así o esperamos: que lle vaia ao virus mal e á nosa sociedade ben.
Grazas Lucila !
Con cunchas ,area , pedras , palillos e máis cousas elaborada , YASMÍN preséntanos unha artística praia feita na casa . Tamén móstranos unhas plantas de lentellas , moi ben coidadas , que plantou ela .
Grazas Yasmín!
Con habilidade e arte SOFÍA ÁLVAREZ elaborou diversos tipos de contenedores para gardar e ordenar cousas , tamén deixou ben claro nos cristais da súa ventá un cartel de ánimo “ LO ESTAMOS CONSIGUIENDO “.
O cartel .
Unha vez máis Sofía Álvarez comparte con todos nós unha
actividade . Neste caso é un informativo para , ademais de animar, poñernos ao día nas noticias . "Ponte al día con Sofía "
Grazas Sofía !
LUCILA
envíanos un curioso e ben ilustrado cómic para informarnos das diferentes tarefas que fai na casa con bo talante aínda que con certo agobio e sobre todo con moito sentido do humor .
Grazas Lucila!
SOFÍA MALAGÓN enviou un experimento con auga para podelo compartir . A auga non se escapa dun vaso cara abaixo . Como ??? Atentos ao vídeo !!
Grazas Sofía!
CLAUDIA fixo dous experimentos na casa para compartilos agora con todos vós .
Nun deles un vaso cheo de auga ponse cara abaixo e auga non cae ...
( Este experimento está relacionado coa diferencia entre o peso que exerce a presión atmosférica
e o peso da auga )
No outro unha moeda ponse debaixo dun vaso e desaparece da nosa vista ...
( Isto ten que ver coa refracción - desviación dos raios de luz - cando pasan do aire a auga e o paso , tal e como o vemos nós , é en oblicuo e non en liña recta ) Atentos aos vídeos !!
**Moeda debaixo do vaso que desaparece da nosa vista**.
**Vaso con auga cara abaixo e a auga non cae **.
Grazas Claudia!
Para animarnos a usar a mascarilla de protección sanitaria , Claudia combinou nun expresivo e comunicativo debuxo , un coronavirus cunha mascarilla de protección .
Unha vez máis , grazas Claudia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario