O xoves , 22 de abril, houbo un incendio en María Pita . O incendio saiu en dous xornais.
O INCENDIO EN LA VOZ DE GALICIA
O INCENDIO EN LA OPINIÓN DE A CORUÑA
O incendio tamén tivo outros observadores . Os alumnos de 5º do noso colexio . Aquí contan o seu relato do acontecido.
Fotos e vídeos do incendio proporcionadas por María e Hugo
UN VÍDEO DO INCENDIO . PREME AQUÍ
OUTRO VÍDEO DO INCENDIO . PREME AQUÍ
Rotulado de Sofía
HUGO
O xoves , 22 de abril, moitos alumnos da clase de 5º de primaria fomos a María Pita porque era o aniversario de María. Eu empecei a ulir a queimado e pensei que era unha grellada dos veciños. Pero de súpeto empezou a saír un montón de lume dunha casa e o pai de LOIS avisou á policía.Empezaron a chegar máis policías e pecharon a zona. Chegaron os bombeiros e unha ambulancia. Usaron a escaleira para subir e apagar o incendio coa mangueira. NON HOUBO NIN MORTOS NIN FERIDOS .
LOIS
O xoves , 22 de abril, en María Pita estabamos moitos amigos do Ceip Cidade Vella e de súpeto o meu pai foi correndo ao axuntamento e un policía foi correndo ao lado dunha casa cunha estada . Acto seguido cheirei a queimado e fun correndo, o 2º foi Juan e o 3º Hugo e chegaron moitos, moitos, moitos, moooitos policías e bombeiros, despois chegou a ambulancia.
Uns nenos de Dominicos puxéronse a berrar: Que estes bombeiros nos tiren caramelos! E Juan dixo: Si , a ver se vos tiran auga! Despois todos nos fomos a xogar.
SOFÍA
O día 22 de abril houbo un incendio en María Pita. Estabamos xogando e de súpeto dun tellado empezou a saír lume, eu pensaba que era que estaban facendo un asado pero ... era que algo se estaba queimando! Uns minutos despois chegaron os bombeiros, a policía e a ambulancia, pero por sorte non había mortos. Ao final os bombeiros apagaron o lume.
MARÍA
O día 22 de abril houbo un incendio en María Pita. Estaba toda a miña clase. Estabamos todos tranquilos cando de súpeto empezou a correr a policía .A nós , nos chamou atención e fomos ver que era o que pasaba . Cando saímos dos soportais vimos que se estaba incendiando unha casa! E eu asusteime moito . A miña nai buscounos e nos levou aos soportais para estar protexidos.O incendio foi cesando ata que parou . Cando pasou continuamos celebrando o meu aniversario.
BADAR
Un día no aniversario de María estabamos en María Pita , despois houbo un incendio e o pai de Lois chamou á policía . A policía chamou á ambulancia e a os bombeiros que intentaron ver se había algún corpo pero non había ningún corpo .Durou uns 45 minutos ou 1 hora. Algunhas persoas gravaron vídeos ,fixeron fotos , etc .
YASMÍN E TAVITA
Estabamos tranquilos en María Pita uns cantos nenos e nenas da clase celebrando o aniversario de María. De súpeto empezou a xuntarse un montón de xente hasta que nos dixo a policía que se estaba queimando unha casa e a policía afastounos do lugar.
Despois de que a policía nos afastara chamaron aos bombeiros e viñeron máis policías. A xente estaba superasustada e illada. Despois dunha hora de drama veu unha ambulancia. Chegaron como 3 ou 4 coches máis de policías e de bombeiros. Despois de media hora un bombeiro logrou apagar o lume, e so si, había moito fume. En fin, un xoves moi tolo
O incendio visto por YASMÍN
O incendio visto por FASIL
No hay comentarios:
Publicar un comentario