Como unha actividade que é parte do proxecto A Cidade Vella saímos pola Cidade Vella cara a María Pita e atopamos a Sir John Moore ... quen nos contou cousas moi interesantes sobre este antigo barrio ( escudos , pedras, símbolos antigos , significado de prazas e rúas , pantasmas existentes ...) .Rematou a conversa connosco no xardín de San Carlos convertido en estatua ...
Foi unha roita tan divertida como informativa na que John Moore empregou unha curiosa mestura de linguas : galego, castelán, inglés , francés e portugués.
IMPORTANTE : Recordounos que había que lle chiscar un ollo cada vez que vaiamos ao xardín de San Carlos coas nosas familias e pasemos diante da súa tumba.
Con cartóns de refugallo elaboramos unha maqueta da Cidade Vella a partir dun vello plano de 1774. Este traballo sirviunos de soporte ás clases de C. Sociais relacionadas con Historia e que estamos a tratar ao longo do terceiro trimestre do Curso 21/22 .
No hay comentarios:
Publicar un comentario