Aquí tamén compartimos ligazóns a actividades formativas de diferentes areas curriculares .
En definitiva trátase dun blog para ollar , lembrar , compartir e , se cadra, tomar nota e apuntar algunha idea para levar a cabo na práctica docente
Carlos
Pero, como se produce unha eclipse solar ? Unha eclipse solar só pode producirse durante a lúa nova, cando a Lúa se interpón entre a Terra e o Sol. Con todo, dado que a órbita lunar está inclinada uns 5 graos con respecto á órbita terrestre, a Lúa adoita pasar por encima ou por baixo do Sol. Só cando a lúa nova atópase preto dun dos dous puntos de intersección das órbitas (os chamados nodos) pode a súa sombra alcanzar a Terra.
A diferenza fundamental entre unha eclipse parcial e un total é a experiencia visual. Nunha eclipse parcial, a Lúa só cobre parcialmente o Sol. Nunha total o disco solar queda completamente oculto, revélase a verdadeira maxia. Que ocorre exactamente? Aínda que é de día, de súpeto todo escurécese. Aparecen as estrelas e os planetas máis brillantes do ceo. Os paxaros deixan de cantar e, súbitamente, todo queda en silencio. O vento cambia e a silueta negra da Lúa brilla fantasmalmente cunha brillante coroa solar. Unha experiencia interesante e … algo surrealista . Algúns consellos desde a NASA . Fai clik aquí En primeiro lugar cabe suliñar que desde Galicia imos poder observar o eclipse como un territorio privilexiado , dentro do que é Europa . Aquí vos quedan algúns puntos de observación desde diferentes puntos do estado. A Coruña : Duración da fase total 1m 15s . Hora da fase máxima 20:28 Burgos : Duración da fase total 1m 44s . Hora da fase máxima 20:29 Palma (Mallorca) : Duración da fase total 1m 36s . Hora da fase máxima 20:32 Por outra banda A NASA confirma a eclipse solar máis longo do século: o sur de España vivirá máis de 4 minutos de escuridade en plena mañá do 2 de agosto de 2027
Ese día o sur de España será testemuña dun fenómeno astronómico que a NASA cualifica como un das eclipses solares totais máis longos do século XXI. A franxa de totalidade percorrerá o estreito de Xibraltar e cubrirá Ceuta, Melilla, gran parte de Cádiz, Málaga e zonas de Granada e Almería, ofrecendo ata 4 minutos e 48 segundos de escuridade total en pleno día
|
As populares Perseidas, tamén coñecidas como as "Bágoas de San Lourenzo" porque o seu pico de actividade coincide coas noites próximas á festividade deste santo, son en realidade pequenas partículas procedentes do cometa 109P/Swift-Tuttle. Ao chocaren violentamente contra a atmosfera terrestre, estas partículas desintégranse e crean un rastro luminoso —semellante a unha estrela fugaz— que é claramente visible desde a Terra. A intensidade máxima desta chuvia de meteoros prodúcese cada ano arredor do 12 de agosto, momento no que se poden observar entre 50 e 100 meteoros por hora, segundo datos da NASA. A axencia sinalou que este evento adoita considerarse a mellor chuvia de estrelas do ano, xa que coincide co verán no hemisferio norte, o que xeralmente garante ceos nocturnos máis despexados. Aínda que a constelación de Perseo dá nome ao fenómeno —xa que o punto do ceo desde o que parecen xurdir as Perseidas está aliñado con ela—, isto non garda relación ningunha coa orixe real dos meteoros. Estes corpos celestes compórtanse como auténticas estrelas fugaces no ceo: entran na atmosfera a velocidades superiores aos 210.000 quilómetros por hora e alcanzan temperaturas próximas aos 5.000 graos nunha simple fracción de segundo. |
PARA INFORMARSE DO DEPOR FAI CLIK AQUÍ
Aínda que estivemos perdidos e , se cadra , despistados nas cavernas da segunda e terceira división , o noso DEPOR volve á división que por historia e xustiza lle corresponde
Moitas xeracións de fillos/as , pais/nais e abós , de familias ... de Coruña , de Galicia, de España , de Europa e de medio mundo levan seguindo no tempo as loitas e peripecias deportivas do cadro branquiazul , e sempre con respecto e afecto. Parabéns a todos eles!
Un post para a despedida .
Este derradeiro post é para despedirme de todos os alumnos/as da última promoción do CEIP Cidade Vella . Foi unha honra ter sido o voso mestre- titor ao longo destes 2 cursos.
Unha magoa non poder habelos completado na súa totalidade pero dúas lesións , unha no nocello esquerdo ( curso pasado ) e a outra ( curso actual ) , no dereito , con rotura do óso incluida , fixeron máis curtos estes dous cursos convosco .
En fin , unha forte aperta para todas as familias do grupo , grazas pola vosa boa colaboración sempre que se precisou e moita sorte aos alumnos/as alá onde vaian.
Tamén me quero despedir das compañeiras/os do CEIP Cidade Vella . Deixo constancia de que foi un pracer haber traballado ao voso lado e un honor ter exercido a labor de mestre neste colexio ao longo destes últimos 12 cursos. Outra aperta para todos eles .
Carlos
Unha vez máis ...
Aquí estamos cos nosos amigos/as e compañeiros/as da clase de Educación Infantil de 5 anos .
.
Veleiquí algúns comentarios
Martín
É moi bonito poder contar historias a nenos tan pequenos
como contáronas a nós tamén. Os nenos
son moi simpáticos e algo tímidos pero nós pasámolo ben e eles tamén.
Jorge
Hai uns días fomos ler aos nenos de 5 E.I. Paseino moi
ben lendo. A nena á que lle lin cáeme
moi ben porque ás veces xogo con ela no recreo, espero que ela tamén o pasara
ben (creo que si).
En definitiva o volvería a repetir.
Déborah
Foi moi
divertido e os nenos parecía que o pasaban ben e á vez aprendían a ler.
Fixeron todos os alumnos do colexio unha carreira solidaria pola PAZ, que boa falta fai hoxe en día no mundo .
Estes somos nós...
Preparados !
Tivemos o martes 21 unha actividade de :
Algunhas fotos, vídeo e comentariosGustoume moito o obradoiro de ecopercusión, foi moi
divertido,déronnos uns cubos de pintura e unhas baquetas.
É incrible que poidas facer esa música só cun cubo de pintura.
Soaba xenial. Fixemos cousas como: *
Facer PAUSA, que foi parar un segundo para que a música
comezase mellor.
Dixemos chocolate e tocabamos no cubo as súas catro
silabas.
Diciamos ecopercusión y coas súas silabas tocabamos no
tambor.
E así tocamos unha canción moi divertida. Eduardo ensinounos
moitas cousas . O ano pasado tocamos moi ben pero
este ano o fixemos no patio porque faciamos moito ruido.
A actividade de ecopercusion foi toda con materiais
reciclados
El tiña un cubo azul moi grande e tocaba moi ben.
É moi bo que non contaminemos e reciclemos.
CAROL
Me gustó bastante y fue muy guay por ser mi primera
vez haciendo Eco percusión . Lo que no me gustó es
que por la culpa del viento se nos caían los cubos de
pintura que eran esos tambores.
DAVID
Me pareció divertido, pero como este año hicimos el taller en el
patio pasamos un poco de frío pero mereció la pena, porque fue
algo diferente.
ADRIANA
Gustoume moito por ser con material reciclado.
Tamén por facer musica con tambores pero facía moito frio, e doíanme as mans.
MARTÍN
O xoves día 16 veu un rapaz a facer un obradoiro de música RAP.
Presentouse, preguntounos se sabiamos que era a música RAP, dixémoslle varias cousas e comezamos o obradoiro. Despois puxo un ritmo e díxonos que o seguiramos con palmas. Divertímonos moito! A continuación todos fixemos o noso propio RAP. Finalmente dixo que deberíamos poñernos en parellas ou tríos e facer o noso propio RAP relacionado coa igualdade de xénero para ver que se nos ocorría. Para min foi moi divertido, sobre todo a última parte, e grazas a este proxecto coñecemos máis o xénero musical RAP.NAIA
Aquí estamos ..,
XABARÍS
NO PARQUE DE
OZA
Un relato real elaborado por MAR
A noite do sábado , no Parque de Oza, fomos sacar ao noso can e atopámonos... cun xabaril e as súas crías!!!
Atopamos tamén a un policía e díxonos que tiveramos coidado porque eran animais salvaxes e non sabemos como van reaccionar.
Tamén díxonos que eles non poden facer nada e que están esperando a decisión do concello. O policía tamén contounos que non soltaramos ao can , porque el unha vez fora paseando pola Torre co seu can e empezou a ladrar a unha cría de xabaril, a cría se foi correndo pero de súpeto virou a nai directa cara el... A nós preocúpanos porque aínda que o noso can sexa moi rápido, nós non somos tan rápidos...
Fotos dos xabarís no parque de Oza aportadas por Mar
Información técnica sobre o xabaril buscada por AMANDA
( Fonte Wikipedia )
Tipo de animal: mamífero artiodáctilo
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Suidae
Xénero: Sus
Especie: S. Srofa
De que se alimenta ?: O xabaril europeo é unha especie omnívora, predominando na súa alimentación plantas e animais (invertebrados, anfibios e pequenos mamíferos). Por outra banda, cómpre sinalar que o seu principal depredador é o lobo.
Onde habita habitualmente ? : As principais zonas onde se distribúe son Asia, Europa e o norte de África, o que tamén destaca a súa adaptabilidade ao medio sempre que dispoña de alimentos suficientes.
Clases: Segundo distintos estudos, no mundo existen entre 4 e máis de 25 sub-especies de xabaril, ademais de cantidade de hibridacións e cruces entre elas e as distintas especies de porcos domésticos. En España temos realmente 1 subespecie distinta: - O Sus Scrofa Castilianus (maior tamaño, pelame máis densa e claro)
Debuxo de xabaril realizado por LAURA
El ‘tour’ del jabalí en A Coruña
La opinión de A Coruña.
Con motivo da festa de Samain e organizado pola Biblioteca do
colexio fixemos lecturas compartidas con pais/nais de alumnos /as e , en concreto , dous pais de alumnos de 6º , Javier e Carlos, fixeron sendas lecturas co noso grupo . Moi interesantes, entretenidas e cun punto de terror realmente divertido.
Grazas , Carlos e Javier , pola vosa colaboración .
COLE DE LOCOS

Martín
Fíxome moita graza cando o neno está enfadado por que lle fastidiaron o
momento no que ía a declarase.
Deborah
Fíxome moita graza e foi moi entretenido, ademais deixáranos ler a nos .
E facíame moita graza un personaxe.
LOLA
Pareceume moi divertido e entretenido. E nos salvou dun exame! Grazas,
de verdade.
VALERIA
A verdade é que foi bastante divertido xa que eles, coma nós , tamén
temos que encargarnos da festa este ano e iso fixo que vivira moito máis a
historia
ADRIANA
Gustoume moito e fíxome moita graza, encantoume cando os
nenos disfrazáronse de zombies.
ALMA
No cole de tolos había un grupo de compañeiros moi divertidos e
bromistas e contaron unha lenda dun xeadeiro vello que estaba un pouco tolo.
AMANDA
Fíxome bastante graza e era entreenido. A miña parte favorita é cando
tiran a bomba fétida estando todos encerrados na taquilla.
MAR
Pareceume bastante divertido e me chamou moito a atención que o libro
se chamase "O cole de tolos"
MORDISCOS MONSTRUOSOS
Algo que comentar sobre " Mordiscos monstruosos "
Pablo González
Gustoume porque foi moi divertido aínda que non o
acabamos pero rinme moito coa lista de insectos que lle
morderan a un personaxe.
Naia
Gustoume porque, aínda que non o rematamos, o protagonista dicía que os outros lle daban dentadas e a súa irmá maior sempre lle facía bromas. Por iso me pareceu divertido e ás veces gracioso.
Rodrigo
O tempo que nos leu o conto foi moi divertido. A parte que máis gustoume foi cando todos os bichos o mordían.
Á pregunta que se lles fixo de que si lles gustaría ser vampiros/as veleiquí algunhas respostas:
RODRIGO
A min si que me gustaría ser un vampiro
porque podería voar.
LAURA
Gustaríame ser vampira porque podería voar e non ir ao colexio, podería ir a un montón de sitios gozando das vistas, tamén porque podería voar ata Hollywood e coñecer a un montón de famosos.
PAULA
Gustaríame ser vampira porque podería voar e creo que tamén me podería transportar pero non me gustaría ser vampiro porque non podo sair durante o día e sería máis difícil para min interactuar con nenos.