Como o prometido é débeda
e dado que o último problema proposto no Blog por José,
resolvémolo entre toda a clase, vouvos plantexar eu , como voso
titor, este problemiña que ten algo de real , un pouco de conto e ,
se cadra , de lenda máis ou menos urbana .
PROBLEMIÑA
DE MATEMÁTICAS
Resulta
que no lugar que hoxe ocupa o Polideportivo do Club do Mar de San Amaro
había unha charca moi grande coñecida polo nome de A Ría , de
cando en vez visitada polos que fomos veciños de Monte Alto e sobre
todo dos que fomos moradores da Agra de San Amaro durante moitos
anos. Parece ser que tempo antes fora un brazo de mar, o cal chegaba
ata alí mesmo e de aí o nome.
Pois
ben, da marxe norte da Ría xurdía un carreiro empinado que ía dar a
unhas fontiñas cun vello lavadoiro e outra charca máis pequena.
Estoutra charca é o escenario para o noso problema.
A
charca estaba habitada por unha tribo de ras e sapos que mandaba unha
vella ra , tan vella como lista e testuda , chamábase Frogha .
O feito que a xefa fora unha ra non era ben visto por algúns sapos
(unha minoría deles, o grupo opositor) e tamén por algunhas ras que
andaban sempre moi alporizadas e que opinaban que os sapos
tiñan máis nivel e que por tanto tiñan que mandar porque si.
A lenda conta que unha noite de verán achegouse á charca un exército de bichos
de dimensións enormes . Alí estaban:
- Lesmas baballando ao fronte
- Píntegas con debuxos de guerra na súa pel
- Escornabois remexendo o ar cun barullo infernal
- Vagalumes alumeando a noite e converténdoa nun dia de pavorosa luz
- Saltóns movéndose en zigzag como chuvia de frechas.
Ameazaban
con comer todo e expulsar a tribo de batracios alí existente.
A
xefa da tribo convocou unha xuntanza de urxencia e explicoulles aos alí reunidos que para derrotar a todo aquel exército existían uns determinados velenos . Pero que tiñan
que saber o número exacto de cada bicho para preparar a cantidade
exacta de veleno, senón non faría efecto.
O
xefe do grupo de sapos opositores, chamábase Napoleón , aínda que el quixera que a súa nai lle puxera de nome Augusto Cesar . Era un sapo bastante grande, torpe , de
carácter faltón , con fama inmerecida de chistoso , e
fachendoso ata a náusea ( había quen aseguraba que podía ser medio
sapo e medio lesma dado as cantidades de baba que deixaba o seu paso). Pois ben, Napoleón
dixo que aquilo era unha parvada e que só a unha ra se lle podía
ocorrer tal cousa. Os poucos seguidores sapos que tiña aplaudiron
ese comentario “enxeñoso” axitando as engurras do pescozo e
tamén o fixeron as ras da súa corda , moi alporizadas, e que
asentiron movendo as súas delicadas ancas mentres berraban e
repetían “Ai si , que é un gran sapo e sempre ten razón !!
O resto, a inmensa maioría da asemblea da tribo das ras e sapos
, fixo un respectuoso silencio cando Frogha, a xefa, seguiu
describindo o complicadao escenario do conflito que se achegaba. Falou con voz tranquila e firme.
-Se lles permitimos que entren na nosa charca non quedará nada útil, nada que pague a pena , nin comida para nós nin augas limpas para poder beber e nadar con liberdade .
-Se lles permitimos que entren na nosa charca non quedará nada útil, nada que pague a pena , nin comida para nós nin augas limpas para poder beber e nadar con liberdade .
Sabemos
que hai un total de 1290 bichos
A
metade deles son lesmas , saltóns e vagalumes
Deses, 2/5 son lesmas
Deses, 2/5 son saltóns
Deses, 1/5 son vagalumes
A
outra metade son píntegas e escornabois .
Deses, o 75 % son píntegas
e
o resto son escornabois
|
Sabemos
tamén cal é a proporción de veleno a usar , así:
- para matar 30 lesmas necesítanse 5 litros de veleno .
- para matar 24 saltóns necesítanse 4 litros de veleno .
- para matar 36 vagalumes necesítanse 3 litros de veleno .
- para matar 5 píntegas necesítase 1 litro de veleno .
- para matar 6 escornabois necesítase 1 litro de veleno .
Aplica o que coñezas sobre fraccións,
porcentaxes e regras de tres para axudar a Frogha a derrotar ao
exército de bichos . Así terás que coñecer:
· O número concreto de bichos de cada unha das especies
( Redondea o resultado ás unidades )
( Redondea o resultado ás unidades )
· A cantidade exacta de litros de veleno para
cada especie. ( Redondea o resultado ás unidades )
Conta a lenda que esta
batalla puido ser gañada, que Frogha confirmou o seu poder e seguiu gobernando con xustiza a
tribo durante moitos anos e que chegaron a un acordo de
convivencia pacífica con toda a bichería de San Amaro
e Monte Alto .
A partir daquela batalla sapos e ras sabían que para os seus fillos e fillas , o mérito e o traballo era
o criterio fundamental para ser elixido xefe ou xefa da tribo e
que daba igual que foras ra ou sapo , gordo ou fraco , grande
ou pequeno , novo ou vello, cos ollos vermellos , marróns ou laranxas metalizados, ser nado en Angola , en Berlín ou en Coirós de Abaixo , ser fillo ou filla de Xan ou de Pericán , ser amigo ou amiga de fulano ou de mengano...
Tamén cóntase que Napoleón cambiou, cambiou e cambiou , e tanto cambiou no futuro, que un
día as ras e os sapos da súa corda , que en si non eran malos/as ,
máis que nada faltáballes un fervor , regaláronlle un trofeo moi
grande , moi grande , moi grande… E de ouro ! Para que puidera
seguir facendo o que máis lle gustaba: presumir diante
das ras e os sapos . E as ras , as da súa corda , mesmo as veces o chamaban Augusto Cesar.
Tamén déronlle unha coroa de loureiro cunhas floriñas , nun día que orballaba de abondo , na Ría de San Amaro . Pero isto , xa é outra historia e excede, obviamente, o contido do noso interesante problemiña.
Recargade as baterías que o martes …Volta
á escola !
Respostas a este problema , en correo ao blog ou comentario á entrada .
Xa temos un acertante de todas as preguntas !
Xa temos un acertante de todas as preguntas !
2 comentarios:
Cantidade de bichos:
Lesmas-258
Saltóns-258
Vagalumes-129
Píntegas-484 aproximadamente
Escornabois-161 aproximadamente
Cantidade de veleno para cada especie:
Lesmas-43 litros de veleno
Saltóns-43 litros de veleno
Vagalumes-11 litros de veleno aproximadamente
Píntegas-97 litros de veleno aproximadamente
Escornabois-27 litros de veleno aproximadamente
Un problema de matemáticas muy instructivo dentro de un relato con valores educativos. Los personajes de Napoleón, Frogha y las ranas y sapos del grupo opositor
me recuerdan mucho a unos personajes del libro “Rebelión en la granja “ de George Orwell . Criaturas que no es difícil encontrarlas en el mundo real y cercano tanto en 1945 como ahora.
Publicar un comentario