Un post para a despedida .
Este derradeiro post é para despedirme de todos os alumnos/as da última promoción do CEIP Cidade Vella . Foi unha honra ter sido o voso mestre- titor ao longo destes 2 cursos.
Unha magoa non poder habelos completado na súa totalidade pero dúas lesións , unha no nocello esquerdo ( curso pasado ) e a outra ( curso actual ) , no dereito , con rotura do óso incluida , fixeron máis curtos estes dous cursos convosco .
En fin , unha forte aperta para todas as familias do grupo , grazas pola vosa boa e correcta colaboración sempre que se precisou e moita sorte aos alumnos/as alá onde vaian.
Tamén me quero despedir das compañeiras/o do CEIP Cidade Vella . Deixo constancia de que foi un pracer haber traballado ao voso lado e ter exercido a labor de mestre neste colexio ao longo destes últimos 12 cursos. Outra aperta para todos eles .
Carlos