O xoves, 3 de marzo, fomos de visita á Torre de Hércules
. Alí estivemos aderezados cun vento do norte relativamente frío , pero sen chegar a disfrutar da chuvia regulamentariamente estipulada para esta zona, que nos permitiría mollarnos e que,
de xeito habitual, acompaña nestos paraxes .
As nosas impresións da visita
-As vistas eran moi
bonitas . Dende alí arriba víase toda A Coruña , a Ría de Ferrol e a
Praia das Lapas . Incluso víanse tamén os campos de xogo de A Torre onde
adestra e xoga moita xente do fútbol base coruñés .
- Algúns de nós
contamos o número de chanzos ao subirmos á
Torre . Houbo certo debate sobre ese tema
: uns contamos 215, para outros a cifra era de 234 e os monitores indicáronnos que eran 245 . Aí
queda o asunto para a reflexión ...
- Houbo a quen lle pareceron demasiadas
escaleiras para subir , e quen
suxiriu que non estaría mal un aparello elevador alí, na Torre…
- Os guías parecéronos
moi ben informados e con moito sentido do humor. Parece ser que era o seu
primeiro día . A nosa nota para eles é
de Sobresainte especialmente para
Taichí , un xaponés que se esforzaba en
comunicarnos todo no noso idioma e que o fixo moi ben .
Estivemos moi atentos ás explicacións e, entre outros contidos
dos que nos informaron , chamáronnos
a atención os seguintes:
- Que a Rosa dos Ventos tiña os símbolos das diferentes tribos celtas.
- Que a espiral que arrodea a Torre é un recordo da rampla externa que antes tiña para transportar materiais .
- Que o enlousado leva pedras engarzadas en forma de doble T que lle dá máis consistencia.
- Que na zona das excavacións arqueolóxicas, había un pasadizo polo que o fareiro chegaba ata a súa casa que estaba alí.
- Que desde o alto da Torre estabamos a 120 metros sobre o nivel do mar .
- Que a Torre antiga era máis baixa e máis grosa que a actual.
- Que a lenda conta que Hércules enterrou a cabeza do xigante co que estivo loitando tres días seguidos .
- Que... Bueno, xa está ben . O resultado da visita en conxunto foi entre bo e moi bo.
As fotos
Rebeca |
Gloria |
Nicolás M. |
José |
Yeray |
Iván |
Natalia |
Por todo o dito recomendámovos que visitedes a Torre e que disfrutedes alí tanto coma nós. ( Descontando a posible e case sempre imprevisible malicia meteorolóxica)
5 comentarios:
A visita pareceume entretida e chamoume moito a atención que cada un dos símbolos da Rosa dos Ventos significase unha rexión distinta.
Me encantó la visita y la vista era preciosa y no sabía que tenía tantos peldaños en las escaleras
A verdade é que eu pensei que habería máis escalóns porque os contei e había 215 cando eu pensaba que habería 300 ou por alí.
Me pareció muy interesante la visita, la torre por dentro era muy chula y las vistas eran geniales.
Me gustó mucho, sobre todo cuando subimos arriba de todo porque estábamos a 120 metros del mar. Y muy bien los dibujos de la torre.
Publicar un comentario