INICIO   Do 2012 ao 2018    Do 2018 ao 2024    A CIDADE VELLA    *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH***   MAQUETAS E RECICLAXE   ★ CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS ★   ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

sábado, 21 de mayo de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Aínda que non foi sempre así , este ano o Día das Letras Galegas  combina na persoa de Manuel María unha extraordinaria valía literaria xunto cun compromiso vital de loita nun  escenario tan  complicado  como ao que  se  enfrontaba a cultura e lingua  galega no anterior réximen político .

******************************************************************
      Con algo de xeito,  bastantes ganas  e cun tempo récord de preparación  ( xusto  2 días antes)  fixemos unha   presentación das letras galegas para todos os  nenos e nenas   do colexio. No mesmo acto escoitamos uns bonitos poemas que nos dedicaron os nosos compañeiros de 5º .  

                                 
  Na presentación incluimos dous fondos musicais



  De   Luar Na Lubre : Gallaecia



  De  Gwendal  :  Irish Jig
  Tres  vídeos  : 
   - un vídeo animación  do  poema  O señor gato     musicado  por Uxía .
 
                            - - - un  vídeo co texto  do poema   O Carro  de   Fuxan os Ventos.

                            -  

UN VÍDEO-DOCUMENTAL SOBRE  MANUEL MARÍA NA PLANTACIÓN DUNHA ÁRBORE

   .

Un audio cun RAP sobre a vida de Manuel María elaborado con moito xeito por un docente .


                            
  Tamén incluimos algúns  gráficos-gifs de gatos e trapalladas equivalentes. 


 

******************************************************************

Parabéns para: 
  • os presentadores:  Marcos , Sandra, Iria  Iván e Rebeca  
  • os realizadores : Sabrina , José, Nico Martínez, Pablo  e Sarah  
  • outros colaboradores  : Natalia , Yeray , Gloria , Martiño e Hugo.
   ( Se cadra deixei a algún sen mencionar . O luns revisámolo  )
     












Finalmente quero recordar que  os ordenadores  utilizados foron  os que nos cederon  do seu traballo  os profesores Martiño e Asun  . Gracias aos dous .

viernes, 20 de mayo de 2016

Caderno de debuxos sobre a Cidade Vella.

A partir dunha actividade previa de debuxos a lapis sobre diferentes sitios da Cidade Vella os nosos alumnos de varios niveis fixeron unha exposición nos corredores do centro cos debuxos elaborados. Estes debuxos quedaron dixitalizados e recordados neste caderno dixital. Bos artistas... !
Elaborado por diversos alumnos  

viernes, 13 de mayo de 2016

DE CIENCIAS NATURAIS: OS PULMÓNS

   Os pulmóns : O que  son e como funcionan  . Pulmóns artificiais . Construín  un dispositivo que  imita o seu funcionamento.

         Por   IVÁN ÁLVAREZ  BRAÑA

                      Funcionamento dun pulmón humano
Os pulmóns humanos son estruturas anatómicas de orixe embrionario , pertencentes ao aparato respiratorio, sitúanse na caixa torácica .  As súas dimensións varían. O pulmón dereito é máis grande que o seu homólogo esquerdo (debido ao espazo ocupado polo corazón). Posúen tres caras: mediastínica, costal e diafragmática, os irrigan as arteiras bronquiais  e as arteiras pulmonares que levan o sangue para a súa osixenación.

Os pulmóns son os órganos nos cales o sangue recibe osíxeno desde o aire . A súa vez o sangue se desprende do dióxido de carbono o cal pasa ao aire. Este intercambio, se produce mediante a difusión do osíxeno e o dióxido de carbono entre o sangue e os alvéolos que forman os pulmóns.

A función dos pulmóns é realizar o intercambio gasoso co sangue, para elo os alvéolos están en estreito contacto con capilares sanguíneos.

Nos alvéolos se produce o paso de osíxeno desde o aire ao sangue e o paso de dióxido de carbono desde o sangue ao aire. Este paso se produce pola diferenza de presións parciais do osíxeno e dióxido de carbono (difusión simple) entre o sangue e os alvéolos.


                              Pulmón artificial

Os pulmóns artificiais son dispositivos que reemplazan a función dos pulmóns. Estes dispositivos, chamados tamén membranas osixenadoras, realizan o intercambio de osíxeno e dióxido de carbono do sangue, e reemplazan total ou parcialmente o traballo dos pulmóns gravemente enfermos. 
                                  

            Construción dun dispositivo que imita o funcionamento dun pulmón artificial

                                   Necesitas:

 •  un vaso de plástico

•  unha palla

•  fixo

•  2 globos

•  un imperdible

•  un chisqueiro

•  tesoiras



                               Como facelo ?

1º-Coller o imperdible e queimalo co chisqueiro e facerlle un burato ( colaborando un adulto )

2º-Coller un globo e meter dentro a palla e suxeitalo con fixo.

3º-Meter a palla polo burato e suxeitala con máis fixo.


4º- Coas tesoiras cortar o rabo do globo e poñer o resto do globo pola boca do vaso de tal maneira que cando estires o globo o globo de dentro se infle.



   O vídeo do dispositivo construído por IVÁN:  

lunes, 9 de mayo de 2016

Visita da escritora ÉRICA ESMORÍS


           O   27 de abril  recibimos a visita da  escritora                           ÉRICA  ESMORÍS  autora do libro   NENA E O MAR   ,    PREMIO MERLÍN  DE  LITERATURA INFANTIL  2015  . Dentro dese marco incomparable que é  a nosa Biblioteca  Escolar,  Érica Esmorís  fíxo una exposición moi interesante   sobre o xeito en que pensou , colleu ideas ,  argallou a trama   e escribiu  este libro .  Un dato que nos chocou a todos foi o xeito de buscar os nomes dos persoaxes.   Eran  palíndromos .  É dicir , podíanse ler  igual  de esquerda a dereita e de dereita a  esquerda.
    Otto , Arora , Kilik , Itati , Hannah , Umu , Medem, Neuquen




  


ETIQUETAS DAS ENTRADAS .
alxibe (1) Andrea Maceiras (1) anticiclón (1) apalpador (2) Apolo 13 (1) árbores (2) arqueoloxía (2) artistas e pintores na aula (1) astronomía (13) atletismo (1) auga (2) aurora boreal (1) avespa (1) bacterias (2) baloncesto (4) balonmán (2) bares (1) barómetro (2) biblioteca (7) biblioteca de Monte Alto (1) bodyboard (3) borrasca (2) boxeo (1) Brasil (1) buceo (3) buracos negros (1) buxaina (1) Caderno interactivo dixital (1) cálculo de superficies en inglés (1) cambio climático (1) cambios de estado (1) campionato de xadrez (1) Canarias (1) canción (2) canoas (3) cans (1) Capitanía Xeral (2) carballo (1) Carlos Casares (1) Carlos Maside (2) Carracedo Alvarez Angel (1) cartas (1) carteis (8) cartel de outono (3) Castelo de ´San Antón (2) castro (1) celebración (10) Cervantes (1) Chantada (1) China (1) ciclo da auga (1) Cidade Vella (19) ciencias (55) cine (7) circuitos eléctricos (4) clima (6) climogramas (1) coches eléctricos (1) comentamos libros (6) comentamos películas (7) cometa (1) Concello (3) Concello de A Coruña (4) concerto (4) condensación (1) conmemoración (16) constelacións (1) contadores de chistes (1) contaminación (4) Contos da Galicia Máxica (1) contos de Nadal (3) contos dos alumnos/as (1) Costa de Dexo (3) COVID 19 (1) crebacabezas (3) criba de Eratóstenes (1) Crisma dixital (7) cristais (1) culturas (2) curiosity (1) damas (1) danza (2) debuxos (7) densidade (2) deportes (7) dereito á educación (1) dereitos humanos (3) Día da Paz (8) Día das Letras Galegas (4) Día do Libro (3) Diario de Greg (1) Digital Maths Notebook (2) dinosauros (1) diversidade cultural (9) domus (1) eclipse (2) ecoloxía (13) ecosistema acuático (4) ecosistemas protexidos de Galicia (1) educación ambiental (2) electroimán (2) Elviña (1) Emilia Pardo Bazán (1) empatía (7) encoro de Cecebre (1) entroido (14) Erica Esmorís (1) escalada (3) escáncer (1) escritores/as (10) Estación espacial (1) estrela polar (1) estrelas fugaces (3) Etiopía (1) etwinning (3) excursión (20) experimento (11) facemos cinema (2) Fairy oak (1) faros (1) festa (1) festa de despedida (1) Festival de Nadal (1) fin de curso (2) flotabilidade (2) Fonte do desexo (1) fontes de enerxía (1) fraccións (1) Francisco Fernández del Riego (2) frauta traveseira (1) fungos (2) fútbol (4) Gandhi (2) gas (1) gatos (1) geogebra (1) Héctor Cajaraville (1) historia (10) hobbys (4) hubble (1) incendio (2) inglés (5) instrumentos musicales (6) iogur (1) isobaras (3) isohietas (3) isotermas (3) ISS (1) judo (3) kárate (1) kiosko (1) La isla del tesoro (1) Lagoa de Bodeira (2) larpeiradas (7) lectura (26) Ledicia Costas (1) lenda (3) libraría (1) Librería Cascanueces (1) Luis Seoane (1) magosto (2) manualidades (14) Manuel María (1) mapas conceptuais (3) maqueta (4) marea negra (1) María Canosa (1) María Pita (2) Marrocos (3) Marte (1) mascotas (1) matemáticas (42) matemáticas dixitais (2) matemáticas en inglés (4) maxia (1) medidas de lonxitude (1) medioambiente (1) mergullo (4) meridiano de Greenwich (1) meteoroloxía (10) mexillóns (1) minerais (2) mitoloxía (1) mofos (1) monicreques (2) montaña (2) motor eléctrico (1) murallas (3) música (14) natación (2) natureza (7) noticias (4) nubes (1) nubes de palabras (1) números primos (1) O Grove (6) obradoiro (8) ondas sonoras (1) ordenadores (1) ortografía (1) outono (5) Oza dos ríos (1) pacifismo (3) pádel (1) pancartas (1) pandemia (2) papiroflexia (4) parchís (1) pardal (1) Parque de Aquaciencia (3) parque de Bens (1) Parque de Oza (1) patinaxe (2) paxaros (1) peixes (1) películas (8) penicilina (1) percusión (1) periquitos (1) perseidas (2) perseverance (1) petroleo (3) pi (1) pinchacarneiro (1) Pinocho (1) pintores galegos (3) piragüismo. (1) pirámide (1) planeta bermello (1) planetas (1) plantas (6) pluviómetro (2) Poesía (8) poleas (1) policía (1) poliedros (3) poliedros en inglés (2) porcentaxes (3) portas das murallas (3) Postais de Nadal (7) Praia de A Lanzada (3) Praza de Azcárraga (2) precipitacións (3) prehistoria (1) prensa (1) presión atmosférica (1) problemas de matemáticas (28) problemas de matemáticas en inglés (1) Proxecto de ciencias en inglés (1) Proxecto de matemáticas en inglés (1) pulmóns (1) pulsómetro (2) rap (1) ras (5) reciclaxe (20) recreacións artísticas (3) redacción (12) redes sociais (1) reloxo de sol (1) resilencia (1) respiración (1) revista dixital (11) Ría do Burgo (1) río Mandeo (1) robots industriais (1) rocha volcánica (1) rocódromo (4) Romanía (1) Rosalía de Castro (1) rúas (1) Samaín (4) scouts (1) seguridade en internet (2) Sir John Moore (1) snorkel (2) solidariedade (1) Stephen Hawking (1) surf (2) taboleiro de xadrez (3) taboleiro de damas (1) tambores (2) tangram (2) tartarugas (1) teatro (13) tecnoloxía (25) teléfono artesán (1) telescopio espacial (1) temperaturas (1) tempo atmosférico (5) temporal (4) termómetro (1) termómetro de alcohol e agua (2) The martian (1) The weather that we watch (2) Tiro con arco (1) tirolina (1) Titanic (1) tornado (1) Torre de Hércules (6) tramas (1) transmisión de son (1) trens (1) Trip to O Grove (1) un polbo na praia (1) urco (1) vacas (1) valores cívicos (8) vaporización (1) Victor y el monstruo (1) vídeo musical (1) videoconferencia (2) violín (1) viravolta (1) voar un papaventos (1) volcán (2) voleibol (1) xabaril (1) xadrez (2) xeo (1) xeografía (6) xeometría dixital (1) xerminación (1) ximnasia rítmica (1) xogos (5) xogos tradicionais (2) xordos (1)