Con algo de xeito, bastantes ganas e cun tempo récord de preparación ( xusto 2 días antes) fixemos unha presentación das letras galegas para todos os nenos e nenas do colexio. No mesmo acto escoitamos uns bonitos poemas que nos dedicaron os nosos compañeiros de 5º .
Na presentación incluimos dous fondos musicais
De Luar Na Lubre : Gallaecia
De Gwendal : Irish Jig
Tres vídeos :
- un vídeo animación do poema O señor gato musicado por Uxía .
- - - un vídeo co texto do poema O Carro de Fuxan os Ventos.
-
UN VÍDEO-DOCUMENTAL SOBRE MANUEL MARÍA NA PLANTACIÓN DUNHA ÁRBORE
.
Un audio cun RAP sobre a vida de Manuel María elaborado con moito xeito por un docente .
Tamén incluimos algúns gráficos-gifs de gatos e trapalladas equivalentes.
******************************************************************
Parabéns para:
- os presentadores: Marcos , Sandra, Iria Iván e Rebeca
- os realizadores : Sabrina , José, Nico Martínez, Pablo e Sarah
- outros colaboradores : Natalia , Yeray , Gloria , Martiño e Hugo.
Finalmente quero recordar que os ordenadores utilizados foron os que nos cederon do seu traballo os profesores Martiño e Asun . Gracias aos dous .
No hay comentarios:
Publicar un comentario