Os pulmóns : O que son e como
funcionan . Pulmóns artificiais . Construín un dispositivo que imita o seu funcionamento.
Por IVÁN ÁLVAREZ BRAÑA
Funcionamento dun pulmón
humano
Os pulmóns humanos son
estruturas anatómicas de orixe embrionario , pertencentes ao aparato
respiratorio, sitúanse na caixa torácica .
As súas dimensións varían. O pulmón dereito é máis grande que o seu homólogo
esquerdo (debido ao espazo ocupado polo corazón). Posúen tres caras: mediastínica,
costal e diafragmática, os irrigan as arteiras bronquiais e as arteiras pulmonares que levan o sangue
para a súa osixenación.
Os pulmóns son os órganos nos
cales o sangue recibe osíxeno desde o aire . A súa vez o sangue se desprende do
dióxido de carbono o cal pasa ao aire. Este intercambio, se produce mediante a
difusión do osíxeno e o dióxido de carbono entre o sangue e os alvéolos que
forman os pulmóns.
A función dos pulmóns é realizar
o intercambio gasoso co sangue, para elo os alvéolos están en estreito
contacto con capilares sanguíneos.
Nos alvéolos se produce o
paso de osíxeno desde o aire ao sangue e o paso de dióxido de carbono desde o
sangue ao aire. Este paso se produce pola diferenza de presións parciais do osíxeno
e dióxido de carbono (difusión simple) entre o sangue e os alvéolos.
Pulmón
artificial
Os pulmóns artificiais son
dispositivos que reemplazan a función dos pulmóns. Estes dispositivos, chamados
tamén membranas osixenadoras, realizan o intercambio de osíxeno e dióxido de
carbono do sangue, e reemplazan total ou parcialmente o traballo dos pulmóns
gravemente enfermos.
Construción dun dispositivo que imita
o funcionamento dun pulmón artificial
Necesitas:
• un vaso de plástico
• unha palla
• fixo
• 2 globos
• un imperdible
• un chisqueiro
• tesoiras
Como
facelo ?
1º-Coller o imperdible e
queimalo co chisqueiro e facerlle un burato ( colaborando un adulto )
2º-Coller un globo e meter
dentro a palla e suxeitalo con fixo.
3º-Meter a palla polo burato
e suxeitala con máis fixo.
4º- Coas tesoiras cortar o
rabo do globo e poñer o resto do globo pola boca do vaso de tal maneira que
cando estires o globo o globo de dentro se infle.
O vídeo
do dispositivo construído por IVÁN:
No hay comentarios:
Publicar un comentario