Ola , eu son Carmen e agora vou ensinar de que vai o pádel: O pádel é un deporte de pelota moi popular en plena expansión con millóns de practicantes de todo o mundo. A súa orixe sitúase en México nos anos 70 e o seu sistema de xogo é moi semellante ao tenis, aínda que cunha pista moito máis pequena rodeada por catro muros. Xógase cunha raqueta especial, xeralmente por parellas, e consiste basicamente en pasar o balón ao campo contrario sobre unha rede, podendo botar o balón das paredes durante o xogo .
Gústame o pádel porque me gustan moito os deportes
de pelota e raqueta e o pádel especialmente é un dos meus favoritos.
Patinaxe -JORGE.
En Cidade Vella me encanta
moito patinar. Patinar é un jobi que teño
que me encanta moito. E estou pensando en
apuntarme a un pequeno campionato.
Estou apuntado a patinaxe na miña escola ( Ceip
Cidade Vella) cousa que me encanta porque patinar é o meu deporte favorito.
Teño unha marca de patines favorita que é
ROLLERBLADE.
Son Déborah e esta é a miña película favorita. Aínda que non son afeccionada ao cine a miña película favorita é " Padre no hay más que uno"
É moi graciosa e entretida , ten tres partes .A miña preferida
é a 1.
E saíu a primeira en 2019. Ademais é española.
Trata dunha familia que ten 5 fillos . A nai se vai de
viaxe entón o pai queda encargado de todo e fai un bo lío.
Ver SWEET PIANO - LOLA
Ela é a mellor amiga
de My Melody. É unha ovella cun pelaxe rosa suave que cubre as orellas baixas,
unha cola redonda, a pel branca e o nariz ovalado amarelo. En Onegai My Melody
non pode falar, e só se comunica a través dos ruídos das ovellas, pero é capaz
de falar noutras fontes de medios como Hello Kitty Seasons. A súa personalidade
descríbese como suave, amable e feminina. O seu aniversario é o 6 de xullo.
¡Small Gift Big Smile!
A miña afección é o fútbol, gústame moito
e sempre o vexo na tele, son moi bo .
Xogo ao fútbol na beira do mar.
Adestramos nos campos da Torre.
Rematamos terceiros na liga.
ORILLAMAR SUUUUU !!!
FÚTBOL - HUGO
O meu hobby favorito é o fútbol. Eu vexo
fútbol case todos os días. Eu xogo no
Orillamar con Xian e Rodrigo, non
somos moi bo equipo pero alí todos
nos levamos ben. Eu xogo de
dianteiro , de banda esquerda e de
media punta
KARATE -PABLO RODRÍGUEZ
O meu hobby é o Karate. Levo practicando case un ano e quero ser un mestre deste deporte. Primeiro, inspireime vendo películas de Karatekas co meu pai, como as de Bruce Lee, Karate kid e moitas máis. Con elas, empezoume a gustar esta arte marcial e quería aprendelo. Apunteime a un ximnasio preto da miña casa empecei co cinto branco, que é o que che dan cando es principiante. Despois de 4 meses de práctica, conseguín o amarelo e agora estou a adestrar para ser cinto laranxa. O motivo polo que me gusta o karate é que me axuda a sentirme máis forte e máis
seguro de min mesmo. Ademais,ensíname a defenderme ou a defender a outros nalgún momento se o necesíto.IZAN - VARIOS HOBBIES
A Izan lle gusta pasar os seus fins de semana e tempo libre xogando ao fútbol ,baloncesto e na praia pero no que máis destaca e o surf. Lle mola moito surfear nas praias e despois quedarse a comer e a tomar o sol. Gústanlle moito as praias de Orzan, Bastiageiro, Caión, Balcovo e Pedra do sal.FÚTBOL - XIAN
Eu son Xian . Son porteiro de fútbol do Orillamar. Fundouse en 1925 por Rodrigo García García Vizoso .O Orillamar está na Federación Galega de Fútbol, sendo o seu presidente D. Francisco Pereiro Pato.
Esta semana teño un campionato do Depor.Estamos facendo unha segunda liga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario