A MÁQUINA DO TEMPO
O luns , 27 de febreiro , fomos á sala de concertos do Conservatorio a ver e escoitar A MÁQUINA DO TEMPO , un concerto multiforme que foi interesante e agradable , en xeral, para todos os alumnos /as. Algúns alumnos/as engadiron, ademais, as seguintes opinións:
MARTÍN
Chamoume a atención que case todos os músicos eran nenos ou
nenas. E o que menos me gustou foi que deixaron o final aberto e non se sabe se
morreu alguén ou que lle pasou.
XIÁN
Gustaronme os guitarristas.
CAROL
Gustoume moito o clavecín e os tambores . A chica contaba moi
ben a historia e facíanme moita graza os debuxos da pantalla.
NAIA
O conservatorio era un pouco pequeno, pero o cartel cos debuxos era moi grande. O que máis
me gustou foi a música do piano.
HUGO , DEBI e ESTEFANÍA
O que máis nos gustou de todo foi a percusión dos tambores .
LAURA
A miña parte preferida foi a última canción que era moi bonita.
PAULA
En xeneral me gustou todo pero poderían haber mellorado os
debuxos. A música foi moi bonita e completa . A historia que se contou estivo
ben .O que máis me chamou a atención foron os tambores e o que máis me gustou
foi o final con guitarras e a chica cantando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario