INICIO Do 2012 ao 2018 Do 2018 ao 2023 A CIDADE VELLA *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH*** MAQUETAS E RECICLAXE ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

jueves, 23 de marzo de 2023

Aula de 5º . As nosas afeccións

 



                

Amanda -Baloncesto

Ola,  chámome  Amanda, e a miña afección é o baloncesto. O coñecín con 3 anos e desde alí me gusta moito. Son do Club de Leyma Coruña e conseguín algunhas firmas de xogadores. Nunca me perdo ningún partido. Teño a camiseta do equipo e por iso a veces me convidan   aos partidos e non teño que pagar. A veces nos descansos saímos con carteis que poñen o nome do noso colexio e os xogadores nos poden chocar as cinco, falar e incluso asinar!




    MAR -  BALONMÁN

   O BALONMÁN é un deporte de pelota no que dous equipos se enfrontan por ver quen mete máis goles (non é coma o fútbol).


No BALONMÁN non podes darlle co pé salvo o porteiro.No BALONMÁN hai dous areas ,pero non podes pisar dentro porque é  invasión,ou sexa necesitas saltar para meter,  pero vai haber un montón de defensas na area.

Eu xogo no OAR CORUÑA .

O meu adestrador é Francesco Aragona , o mellor goleador do OAR, .O club foi  fundado en 1952, no seo  da Agrupación de Acción Católica, situada na  Cidade  Vella de A Coruña.

ALMA  - PIANO -XIMNASIA RÍTMICA

Ola, chámome Alma e gústame moito tocar o 
piano.
Levo medio ano tocándoo e encántame, xa sei
ler partituras e tocalo co meu piano,
é un teclado 'Yamaha', pero é bastante 
grande.

Tamén me gusta a ximnasia rítmica.

 Vou os mércores coma hoxe, que tamén
 é mércores.
 


                             BOXEO-VALERIA

  A min  gústame moito o boxeo, na miña casa teño luvas de boxeo e un saco.

Adestro na casa cunha aplicación gratuíta que instalei na miña tableta . Nesa aplicación ensíname como facer boxeo para nenos.

Gústame o boxeo xa que me divirte moito e me relaxo.

Levo moi pouco tempo practicando boxeo, empecei este ano , pero teño practicado moito este ano e avancei moito.

Espero apuntarme a clases de verdade pronto.

 



                                 ADRIANA CANTAR

Gústame porque ao cantar síntome libre e divírtome

moito e ademais o fago na miña casa e non teño que saír a rúa e non paso frío. E elixo eu a canción que quero cantar.


                            DANIELLA - NATACIÓN

     Levo facendo natación desde os 2 anos,  me encanta a natación. Vou ao club natación Coruña, hai moitos niveis  de gorros: amarelo,laranxa,verde,vermello,azul e negro.

Eu vou polo negro xa mo deron hai 3 anos. Fun a un campionato galego e case gano medalla, a natación é un deporte moi sacrificado e máis si queres adestrar de elite.

Hoxe  en día me estou preparando para ir a outros galegos de verán, adestro todos os dias :o luns 2h ,o martes 3h, o mércores 2h ,o xoves 3h e o venres  3h e o sábado 2h.

Adestro na piscina de Sardiñeira .

Cando  fun ao galego foi na piscina de Santiago de 25m. O estilo que máis me gusta é o crol,tamén dáseme moi ben espalda,braza e mariposa.    O meu adestrador é moi esixente con todos os adestramentos, e nunha competición ganamos nos relevos. O escudo do meu equipo é este. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario