O día 17 de marzo tivemos unha saída por diversas prazas da
Cidade Vella .
A Praza de Azcárraga:
Antigamente chamábase Praza da fariña porque
alí había un gran almacén de fariña.
Dentro desta praza está a Fonte do desexo:
As autoridades querían facer unha
fonte dentro da praza así que pediron diversos modelos a obradoiros de Francia.
Despois de moito pensar fixeron un combinado
deles e saíu o deseño actual.
A pesar do seu nome, non é unha fonte do desexo para
tirar moedas e que se cumpra o teu desexo.
Construírona en
honra dunha muller que namorouse
dun campesiño e, pola noite, ían verse ás agachadas e para iso quedaban citados dende dúas
puntas opostas dun río que tiñan que cruzar. A muller levaba un facho que
iluminaba ao home para que puidera chegar nadando á beira onde
estaba ela. Entón o facho da muller apagouse cunha racha de vento e el non vía
nada. Ao non ver nada o probe morreu afogado. A rapaza , como non o vía, creu que lle pasara algo e decidiu tirarse ao auga para ir con el . A estatua con ela suxeitando o facho é un recordo
do feito.
Fonte do desexo : Debuxo de José Francesch Valiño
Fachada do Concello da Coruña. Debuxo de José Francesch Valiño
PALACIO MUNICIPAL : SALÓN DE PLENOS
Alí reúnese o alcalde cos concelleiros para falar con eles sobre temas
da cida de (Tamén serve para facer vodas)Na
vidreira do teito están escritos os nomes de 4 mulleres moi importantes da
Coruña: María Pita, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal e Juana de Vega. En
cada asento hai representado na madeira un acto histórico da cidade.
1 comentario:
Gustoume moito esta saída porque as prazas forman parte da historia da Coruña.
Publicar un comentario