O
xoves día 6/03/2014, fomos á Biblioteca Municipal de Monte Alto.
Alí, ademais de coñecer as diferentes dependencias da biblioteca
principal, asistimos a unha serie de actividades.
- Aprender a catalogar libros dunha biblioteca seguindo a CDU.Que é a CDU? Estas tres letras son as iniciais de Clasificación Decimal Universal. É dicir un código numérico no que cada número está asociado a un tema.Por exemplo: O número 2 é para temas de relixiónO número 1 concreta libros de filosofíaPara que serve a CDU? A CDU serve para clasificar e organizar libros nunha biblioteca .
- Aprender para que serven e como se usan as diferentes fontes e referencias de información dos libros como son:
- Enciclopedias
- Sumario
- Índice
- Introdución
- Prefacio
- Prólogo
- Cronoloxía
- Vocabulario
- Glosario
- Bibliografía
- Notas
No
camiño de ida e volta tivemos moi bo tempo, nin furacáns nin
chubascos. Menos mal.
María e Paula
María e Paula
No hay comentarios:
Publicar un comentario