por ÁGUEDA e MENCÍA
FRAUTA TRAVESEIRA
Levamos 5 anos traballando e estudando
a frauta traveseira.
Estudamos música na escola municipal
da Torre. A parte de tocar
só con frautas, tamén participamos con
outros instrumentos. Esa clase de actividade chámase agrupación.
Despois hai outras dúas actividades
que se chaman:
Linguaxe Musical e instrumento.
Na frauta distínguense varias partes
que son: cabeza, corpo e pé.
Unha frauta na orquestra soe facer os
sons máis agudos.
Uns dos frautistas mais populares é
Ian Anderson.
A frauta traveseira orixinalmente era
de madeira. A frauta antiga tiña
buratos para facela soar. Hoxe en día,
na frauta de metal substitúense os buratos por chaves.
Por todo iso gústanos tanto a frauta,
pola súa historia e o seu son!
No hay comentarios:
Publicar un comentario