Artistas en xeral . Parabéns a todos !
Despois de gozar das amenas actuacións dos nosos compañeiros
de 6º, 4º e 3º, nós representamos para eles unha recreación do
conto LOLO ANDA EN BICICLETA de Carlos Casares ,
autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas
e no que, ao igual que noutras ocasións ( non en todas ),
a academia honra a unha persoa na que se unen unha
extraordinaria valía literaria e un compromiso real co país.
Para nós, a preparación da obra e ensaios na nosa aula e
corredores anexos foi moi divertido , educativo dabondo e,
se cadra, algo formativo .
Sentimos a ausencia dun compañeiro que tiña que actuar , Xoel,
pero foi ben substituído por Lucas.
Esperamos que aos/ás que lle cadrou véla tamén a atoparan
entretida.
Ciclistas con bici ( Lolo/Mikel e Suso/Jesús)
Decoradoras elaborando os diversos fondos
de escenario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario