INICIO   Do 2012 ao 2018    Do 2018 ao 2024    A CIDADE VELLA    *** SELO EUROPEO DE CALIDADE AO PROXECTO : THE WEATHER THAT WE WATCH***   MAQUETAS E RECICLAXE   ★ CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS ★   ★ DESPEDIDAS DE PROMOCIÓNS ★

lunes, 21 de marzo de 2016

Sobre ras , sapos e lesmas…De matemáticas e valores cívicos


Como  o prometido é débeda  e dado que o último problema proposto no Blog por José, resolvémolo entre toda a clase, vouvos plantexar eu , como voso titor, este problemiña que ten algo de real , un pouco de conto e , se cadra , de lenda máis ou menos urbana .


            PROBLEMIÑA DE MATEMÁTICAS

Resulta que no lugar que hoxe ocupa o Polideportivo do Club do Mar de San Amaro había unha charca moi grande coñecida polo nome de A Ría , de cando en vez visitada polos que fomos veciños de Monte Alto e sobre todo dos que fomos moradores da Agra de San Amaro durante moitos anos. Parece ser que tempo antes fora un brazo de mar, o cal chegaba ata alí mesmo e de aí o nome.
Pois ben, da marxe norte da Ría xurdía un carreiro empinado que ía dar a unhas fontiñas cun vello lavadoiro e outra charca máis pequena. Estoutra charca é o escenario para o noso problema.
A charca estaba habitada por unha tribo de ras e sapos que mandaba unha vella ra , tan vella como lista e testuda  , chamábase Frogha . O feito que a xefa fora unha ra non era ben visto por algúns sapos (unha minoría deles, o grupo opositor) e tamén por algunhas ras que andaban sempre moi  alporizadas e que opinaban que os sapos tiñan máis nivel e que por tanto tiñan que mandar porque si.
 A lenda conta que  unha noite de verán achegouse á charca un exército de bichos de dimensións enormes . Alí estaban:
  1. Lesmas baballando ao fronte
  2. Píntegas con debuxos de guerra na súa pel
  3. Escornabois remexendo o ar cun barullo infernal
  4. Vagalumes alumeando a noite e converténdoa nun dia de pavorosa  luz
  5. Saltóns movéndose en zigzag como chuvia de frechas.
Ameazaban con comer todo e expulsar a tribo de batracios alí existente.
A xefa da tribo convocou unha xuntanza de urxencia  e explicoulles aos alí reunidos que para derrotar  a todo aquel exército  existían  uns  determinados velenos  . Pero que tiñan que saber o número exacto de cada bicho para preparar a cantidade exacta de veleno, senón non faría efecto. 
O xefe do grupo de sapos opositores,  chamábase Napoleón , aínda que el quixera que a súa nai lle puxera de nome Augusto Cesar Era un sapo  bastante grande,  torpe ,  de carácter faltón  con fama inmerecida de chistoso , e fachendoso ata a náusea  ( había quen aseguraba que podía ser medio sapo e medio lesma dado as cantidades de baba que deixaba o seu paso). Pois ben, Napoleón  dixo que aquilo era unha parvada e que só a unha ra se lle podía ocorrer tal cousa. Os poucos seguidores sapos que tiña aplaudiron ese comentario “enxeñoso” axitando as engurras do pescozo e tamén o fixeron as ras da súa corda , moi alporizadas, e que asentiron movendo as súas delicadas ancas mentres berraban e repetían “Ai si , que é un gran sapo e sempre ten razón !!
 O resto, a inmensa maioría da asemblea da tribo das  ras e sapos  , fixo un respectuoso silencio cando Frogha, a xefa, seguiu  describindo o  complicadao escenario do conflito que se achegaba.  Falou con voz tranquila e firme. 
 -Se lles permitimos que entren na nosa charca non quedará nada útil, nada que pague  a pena  , nin comida para nós nin augas limpas para poder beber e nadar con liberdade .
 
Sabemos que hai un total de 1290  bichos
A metade deles son lesmas , saltóns e  vagalumes
Deses,   2/5 son  lesmas
Deses,   2/5  son   saltóns
Deses,  1/5  son   vagalumes
A outra metade son píntegas e escornabois .
Deses, o 75 % son  píntegas
e o resto son  escornabois
     Sabemos tamén cal é a proporción de veleno a usar , así:
  • para matar  30 lesmas   necesítanse   5 litros de veleno .
  • para matar    24 saltóns  necesítanse  4 litros de veleno .
  • para matar  36  vagalumes necesítanse  3  litros de veleno .
  • para matar  5     píntegas necesítase 1 litro de veleno .
  • para matar  6     escornabois  necesítase  1 litro de veleno .
              
Aplica o que coñezas sobre fraccións, porcentaxes e regras de tres para axudar a Frogha a derrotar ao  exército de bichos . Así terás que coñecer:
·        O número concreto de bichos de cada unha das especies 
( Redondea o resultado ás unidades )
·        A cantidade exacta de litros  de  veleno para cada especie. ( Redondea o resultado ás unidades )

Conta a lenda que esta batalla puido ser gañada, que Frogha confirmou o seu  poder e seguiu gobernando con xustiza a tribo durante moitos anos e que chegaron a un acordo de convivencia  pacífica  con toda a bichería de San Amaro e Monte Alto
   A partir daquela batalla   sapos e ras sabían que  para os seus fillos e fillas , o mérito e o traballo  era o criterio fundamental para ser elixido xefe ou xefa da tribo  e que daba igual que foras  ra ou sapo , gordo ou fraco , grande ou pequeno , novo ou vello, cos ollos vermellos , marróns ou laranxas metalizados,  ser nado en Angola , en Berlín ou en Coirós de Abaixo , ser fillo ou filla de Xan ou de Pericán , ser amigo ou amiga de  fulano ou de mengano... 
      Tamén cóntase que  Napoleón  cambiou, cambiou e cambiou , e tanto cambiou no futuro,  que un día as ras e os sapos da súa corda , que en si non eran malos/as , máis que nada faltáballes un fervor , regaláronlle un trofeo  moi grande , moi grande , moi grande… E de ouro ! Para que puidera seguir facendo o que máis lle gustaba:  presumir  diante das  ras e os sapos . E as ras , as da súa corda , mesmo  as veces o chamaban  Augusto Cesar. 
     Tamén déronlle unha coroa de loureiro  cunhas floriñas , nun día  que orballaba de abondo , na Ría de San Amaro  .   Pero isto , xa é outra historia e excede, obviamente,  o contido do noso interesante  problemiña.


 Recargade as baterías que o martes …Volta á escola !

  Respostas a este problema  , en correo ao blog ou comentario á entrada    .
Xa temos un acertante de todas as preguntas !         

2 comentarios:

José dijo...

Cantidade de bichos:
Lesmas-258
Saltóns-258
Vagalumes-129
Píntegas-484 aproximadamente
Escornabois-161 aproximadamente

Cantidade de veleno para cada especie:
Lesmas-43 litros de veleno
Saltóns-43 litros de veleno
Vagalumes-11 litros de veleno aproximadamente
Píntegas-97 litros de veleno aproximadamente
Escornabois-27 litros de veleno aproximadamente

Anónimo dijo...

Un problema de matemáticas muy instructivo dentro de un relato con valores educativos. Los personajes de Napoleón, Frogha y las ranas y sapos del grupo opositor
me recuerdan mucho a unos personajes del libro “Rebelión en la granja “ de George Orwell . Criaturas que no es difícil encontrarlas en el mundo real y cercano tanto en 1945 como ahora.

Publicar un comentario

ETIQUETAS DAS ENTRADAS .
alxibe (1) apalpador (2) Apolo 13 (1) arqueoloxía (2) astronomía (13) atletismo (1) auga (2) bacterias (2) baloncesto (4) balonmán (2) barómetro (1) biblioteca (7) biblioteca de Monte Alto (1) bodyboard (2) borrasca (1) boxeo (1) Brasil (1) buceo (2) buracos negros (1) buxaina (1) cálculo de superficies en inglés (1) cambio climático (1) cambios de estado (1) campionato de xadrez (1) Canarias (1) canción (1) canoas (1) cans (1) Carlos Casares (1) cartas (1) cartel de outono (1) Castelo de ´San Antón (1) castro (1) celebración (10) Chantada (1) ciclo da auga (1) Cidade Vella (17) ciencias (55) cine (6) circuitos eléctricos (4) clima (5) climogramas (1) coches eléctricos (1) comentamos libros (6) comentamos películas (7) Concello (3) Concello de A Coruña (4) concerto (4) condensación (1) conmemoración (15) constelacións (1) contadores de chistes (1) contaminación (4) COVID 19 (1) criba de Eratóstenes (1) cristais (1) culturas (2) damas (1) danza (2) debuxos (6) densidade (2) deportes (6) dereitos humanos (3) Día da Paz (5) Día do Libro (3) Digital Maths Notebook (2) diversidade cultural (8) eclipse (2) ecoloxía (12) ecosistema acuático (2) electroimán (1) Elviña (1) Emilia Pardo Bazán (1) encoro de Cecebre (1) entroido (14) escalada (3) escáncer (1) escritores/as (6) Estación espacial (1) estrelas fugaces (2) Etiopía (1) etwinning (3) excursión (19) experimento (11) facemos cinema (2) Fairy oak (1) festa (1) festa de despedida (1) fin de curso (2) flotabilidade (1) fontes de enerxía (1) Francisco Fernández del Riego (1) frauta traveseira (1) fungos (2) fútbol (4) Gandhi (1) gas (1) gatos (1) geogebra (1) historia (9) hobbys (4) hubble (1) incendio (2) inglés (1) instrumentos musicales (5) iogur (1) ISS (1) judo (3) kárate (1) kiosko (1) La isla del tesoro (1) larpeiradas (7) lectura (24) lenda (3) libraría (1) Luis Seoane (1) magosto (1) manualidades (11) Manuel María (1) maqueta (4) marea negra (1) María Pita (2) Marrocos (3) Marte (1) mascotas (1) matemáticas (41) matemáticas en inglés (1) maxia (1) medidas de lonxitude (1) mergullo (2) meteoroloxía (7) minerais (2) mitoloxía (1) mofos (1) monicreques (2) montaña (2) motor eléctrico (1) música (13) natación (2) natureza (7) números primos (1) obradoiro (7) ordenadores (1) outono (2) Oza dos ríos (1) pacifismo (3) pádel (1) pancartas (1) pandemia (2) papiroflexia (4) pardal (1) parque de Bens (1) Parque de Oza (1) patinaxe (2) paxaros (1) peixes (1) películas (8) penicilina (1) percusión (1) periquitos (1) perseidas (2) petroleo (2) pi (1) pinchacarneiro (1) Pinocho (1) piragüismo. (1) pirámide (1) planetas (1) plantas (5) pluviómetro (1) Poesía (8) poleas (1) policía (1) poliedros (2) poliedros en inglés (1) portas das murallas (1) Postal dixital (2) Praza de Azcárraga (1) precipitacións (3) prehistoria (1) prensa (1) presión atmosférica (1) problemas de matemáticas (27) problemas de matemáticas en inglés (1) Proxecto de ciencias en inglés (1) pulmóns (1) pulsómetro (2) rap (1) ras (3) reciclaxe (14) redacción (9) redes sociais (1) reloxo de sol (1) respiración (1) revista dixital (6) Ría do Burgo (1) río Mandeo (1) robots industriais (1) rocódromo (2) Romanía (1) Rosalía de Castro (1) rúas (1) scouts (1) seguridade en internet (2) Sir John Moore (1) solidariedade (1) Stephen Hawking (1) surf (2) taboleiro de xadrez (1) taboleiro de damas (1) tambores (1) tangram (1) teatro (13) tecnoloxía (23) telescopio espacial (1) temperaturas (1) tempo atmosférico (4) temporal (4) termómetro (1) termómetro construido na escola (1) The weather that we watch (1) Titanic (1) Torre de Hércules (4) transmisión de son (1) trens (1) urco (1) vacas (1) valores cívicos (8) vaporización (1) Victor y el monstruo (1) vídeo musical (1) videoconferencia (2) violín (1) viravolta (1) volcán (1) voleibol (1) xabaril (1) xadrez (2) xeo (1) xeografía (5) xeometría dixital (1) xerminación (1) ximnasia rítmica (1) xogos (4) xogos tradicionais (1) xordos (1)